Obradoiro sobre saúde mental
Enviado por anabelenfernand... o Lun, 18/11/2024 - 12:27
Ao longo deste curso colaboraremos coa Asociación Fonte da Virxe, que levará a cabo unha serie de obradoiros sobre saúde mental, principalmente con alumnado de 4º ESO.
Nunha primeira xornada introdutoria, a rapazada puido coñecer a labor da asociación e aproximouse ao concepto de saúde e trastorno mental, rompendo estigmas, pois son cuestións que poden afectar a calquera persoa.
Tratouse dunha primeira toma de contacto que terá continuación nos trimestres seguintes, a fin de traballar e fortalecer a autoestima, habilidades de comunicación e afrontamento da presión grupal, entre outras.