Saltar navegación.
Inicio

"Si controlas vuelves"

O alumnado de 1º e 2º de FP Básica e 3º e 4º da ESO asistiu hoxe a unha charla impartida por AESLEME, na que se falou de seguridade vial e a incompatibilidade do alcohol e outras drogas coa mobilidade segura, fomentando nos menores a responsabilidade e unha toma de decisións adecuada, que garantan a súa seguridade e a dos demais. 

A rapazada puido coñecer de primeira man as consecuencias dos accidentes de tráfico, a miúdo causados polo consumo de substancias e outros distractores (móbil, manexo da radio...), espertando tamén a súa conciencia sobre a importancia de empregar os elementos de seguridade de forma adecuada. 

Sen dúbida, é fundamental protexernos, coidar de nós mesmos e dos demais. Porque pasalo ben non está reñido con unha volta segura á casa!