Ciberasesor@s. Asesorando!
Rematamos co programa Ciberasesor@s! Nesta última fase, o alumnado de 2º da ESO amosou os traballos realizados sobre os distintos riscos de internet e redes sociais aos seus compañeiros de 1º da ESO, para favorecer o asesoramento nun uso responsable e seguro de internet e as redes sociais.
Como en anos anteriores, o alumnado do segundo curso estivo a traballar en titorías sobre o ciberacoso, sexting, grooming, ciberadicción, vamping, phishing e suplantación de identidade. Este ano ademais, un dos grupos elaborou un traballo sobre os Troyanos e a súa perigosidade. Todo isto coa finalidade de tomar conciencia sobre a importancia de usar as novas tecnoloxías adecuadamente, á par que o alumnado máis experimentado debe concienciar aos seus compañeiros/as máis novos/as sobre estas cuestións.
Deste xeito, favorecemos a adquisición de conceptos traballando de forma divertida e desenvolvendo distintos valores e habilidades como o traballo en equipo, habilidades para a busca e selección de información, responsabilidade, empatía, sentido crítico....á vez que se promove a interacción entre os distintos cursos.
Este curso, ademais do formato dixital, pódense disfrutar dos traballos en soporte cartolina, pois estes están expostos no corredor da cafetería do centro.