Saltar navegación.
Inicio

Navega con rumbo

O alumnado de 1º da ESO e 1º FP Básica participaron hai uns días no obradoiro Navega con rumbo, un programa ofrecido pola Consellería de Educación que ten como obxectivo favorecer un uso responsable e seguro de internet e as redes sociais. 

Na sesión, impartida de forma dinámica e interactiva, o alumnado intercambiou impresións co persoal do Colexio Profesional en Enxeñaría Informática de Galicia sobre a internet e as distintas aplicacións que se empregan frecuentemente (buscadores, redes sociais, correo electrónico....). Non cabe dúbida que teñen vantaxes, tal como se tratou, pero tamén cómpre ser precavidos cos riscos que levan asociados e ter moi en conta as pautas para un uso seguro aportadas pola técnica.