Saltar navegación.
Inicio

Ciberasesor@s: creando!

Logo dunha primeira fase de motivación na que se presentou o programa Ciberasesor@s ao alumnado de 2º ESO e se traballaron na aula os distintos riscos asociados a internet e as redes sociais, atopámonos en fase de traballo dos distintos equipos. 

O alumnado recibiu formación específica por parte dos seus titorxs e/ou orientadora, ao longo de varias titorías nas que se falou de privacidade na rede, ciberadicción, ciberacoso, sexting, grooming....Aprenderon mediante sesións guiadas e pensadas para favorecer a reflexión, intercambiando ideas e debates xurdidos ao longo de distintas actividades nas que se empregaron vídeos, xogos, fichas, artigos de actualidade....

Tras a aprendizaxe e a creación de equipos de Ciberasesor@s, cada un deles está a traballar sobre un risco asociado ás novas tecnoloxías e elaborando os seus traballos para despois asesorar a outrxs compañeirxs. 

Como vedes, pásano moi ben traballando xuntxs!