curso 22-23
As alumnas de FOL de 1º de TAPSD gañadoras do concurso "FP lidera la prevención frente a los riesgos ergonómicos" do INSST
As alumnas de primeiro curso do ciclo de atención a persoas en situación de dependencia resultaron gañadoras do certame de video corto "FP: ¡Lidera la prevención!". Este concurso organizado polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), en colaboración coa Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA) ten como obxectivo promover unha cultura preventiva entre a poboación máis nova fronte aos riscos ergonómicos que poden causar trastornos muscoesqueléticos relacionados co traballo.
A través do vídeo titulado "a maxia da prevención" dannos 5 pequenos truco que podemos seguir para previr este tipo de lesións que son tan habituais en sectores como o sociosanitario dentro do que se engloba o ciclo.
Antía Martínez, alumna do ciclo, participou en representación da aula na xornada técnica organizada polo INSST que leva o nome "Los trastornos muscoesqueléticos en jóvenes desde la mirada de sus protagonistas ". A continuación deixámosvos o resumo da súa participación nesta xornada (1 hora 32 min). Parabéns.