Curso 21-22
Enviado por paulamartinez o Xov, 17/11/2022 - 08:10
O alumnado de 2º de SOLCA acada a segunda posición no certame Cooperativismo no ensino
Hugo Tato, Damián Torres e Nicolás Sueiro, alumnos do 2º curso de SOLCA resultaron gañadores do Accésit ao proxecto finalista coa súa proposta de empresa "Contorno Accesible" e recibirán un premio económico de 3.500€.
Este certame, organizado pola Consellería de Emprego e igualdade, ten como obxectivo promover o cooperativismo entre o alumnado impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
A idea de negocio presentada polos alumnos é a creación dunha carpintería metálica especializada na fabricación de ramplas, varandas e outras solucións para eliminar as barreiras arquitectónicas para persoas con mobilidade reducida, para que así poidan mellorar a súa calidade de vida e ver aumentada a súa autonomía persoal.