Saltar navegación.
Inicio

Becas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º BAC en Canadá ou EE.UU

A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición de becas para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos durante o curso académico 2023/24.

Convócanse 400 becas dirixidas a alumnado de 4º da ESO, que lles permitirán convivir con unha familia durante o curso escolar no país de destino. Das becas convocadas, resérvanse 70 para estudantes galegos.

A beca inclúe o 100% do custo dos servizos necesarios para cursar un ano académico no país de destino: viaxe de ida e volta á localidade estranxeira, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do curso académico e unha pequena asignación mensual para gastos menores. Tamén inclúe unha serie de actividades dirixidas á formación dos becarios seleccionados e á tramitación dos seus expedientes, antes da saída ao país de destino.

REQUISITOS:

  • Estar inscrito como estudante en 4º da ESO nun centro de ensino do territorio español no momento de presentar a solicitude de participación, excepto centros docentes privados estranxeiros en España.
  • Ter realizado os cursos de 1º, 2º e 3º da ESO conforme ao sistema educativo español.
  • Non ter desfrutado dunha experiencia académica igual ou superior a 4 meses como estudante internacional nun pais estranxeiro, durante os cursos de 1º, 2º, 3º e/ou 4º ESO.
  • Ter unha nota media mínima de 7 puntos en 3º ESO.
  • Ter obtido unha nota mínima de 7 puntos na materia de Inglés (ou a súa alternativa como primeiro idioma estranxeiro) nas notas finais de 3º ESO.
  • Ter DNI ou NIE e pasaporte español.
  • Información tributaria da unidade familiar (non se require un nivel mínimo nin máximo de renda familiar)

 PRAZO DE INSCRICIÓN: do 12 de setembro ao 11 de outubro de 2022 ás 13:00 horas

Información e solicitudes na LIGAZÓN