Prevención de adiccións con substancia
Enviado por anabelenfernand... o Lun, 14/02/2022 - 19:22
Comenzamos os obradoiros de prevención de adiccións con substancia co alumnado de 4º da ESO. Conversamos sobre os tipos de drogas, as súas consecuencias, os factores de risco que poden favorecer o seu consumo e aqueles que actúan como protectores.
Favoreceuse o pensamento crítico no alumnado, facéndoo consciente da importancia de desenvolver hábitos saudables e tomar decisións responsables sen deixarse influír polo ambiente nin a presión do grupo de iguais, algo sumamente importante na adolescencia.