Becas Fundación Amancio Ortega para o curso 2022-2023
A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición de becas para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos durante o próximo curso 2022/2023.
Convócanse un total de 400 becas dirixidas a alumnado de 4º da ESO, 70 das cales están destinadas a estudantes galegos/as.
Durante o ano académico, os/as estudantes convivirán con unha familia no país de destino e cursarán Grado 11 (equivalente a 1º de Bacharelato).
A beca cubre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitriona, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.
REQUISITOS:
- Estar inscrito como estudiante de 4º da ESO nun centro de ensino español no momento de presentar a solicitude de participación, excepto centros docentes privados estranxeiros en España.
- Ter obtido unha nota media mínima de 7 puntos en 3º ESO (incluida a materia de Relixión ou a súa alternativa).
- Ter obtido unha nota mínima de 7 puntos na materia de Inglés (ou a súa alternativa como primeira lingua estranxeira) nas notas finais de 3º da ESO.
- Ter DNI e/ou pasaporte español.
- Información tributaria da unidade familiar. O proceso de valoración de solicitudes prioriza as rendas máis baixas.
PRAZO DE INSCRIPCIÓN: ata o 27 de outubro de 2021 ás 13:00 horas.
Os/as interesados/as poden obter máis información e tramitar a solicitude no enlace á web.