Saltar navegación.
Inicio

blogue deadmin

As alumnas de FOL de 1º de TAPSD gañadoras do concurso "FP lidera la prevención frente a los riesgos ergonómicos" do INSST

As alumnas de primeiro curso do ciclo de atención a persoas en situación de dependencia resultaron gañadoras do certame de video corto "FP: ¡Lidera la prevención!". Este concurso organizado polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), en colaboración coa Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA) ten como obxectivo promover unha cultura preventiva entre a poboación máis nova fronte aos riscos ergonómicos que poden causar trastornos muscoesqueléticos relacionados co traballo.

 A través do vídeo titulado "a maxia da prevención" dannos 5 pequenos trucos que podemos seguir para previr este tipo de lesións que son tan habituais en sectores como o sociosanitario dentro do que se engloba o ciclo.

Antía Martínez, alumna do ciclo, participou en representación da aula na xornada técnica organizada polo INSST que leva o nome "Los trastornos muscoesqueléticos en jóvenes desde la mirada de sus protagonistas ".

A continuación podedes ver o vídeo co que resultaron gañadora do certame ENLACE

Programacións Didácticas CM Atención a persoas en situación de dependencia - Curso 2022-23

Nos arquivos adxuntos poden consultar as programacións didácticas dos módulos do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, para o curso 2022-23.

Programacións Didácticas Xeografía e Historia. Curso 2022-23

Xúntanse para a súa consulta as programacións didácticas das materias impartidas polo departamento no curso 2022-23.

Programacións Didácticas do Dpto. de Tenoloxía - Curso 2022-23

Xúntanse para a súa consulta as programacións didácticas das materias impartidas polo departamento de Tecnoloxía no curso 2023-24.

Programacións Didácticas CM Soldadura e Caldeiraría - Curso 2022-23

Nos arquivos adxuntos poden consultar as programacións didácticas dos módulos do CM Soldadura e Caldeiraría, para o curso 2022-23.

Programacións Didácticas - Curso 2022-23

Xúntase para a súa consulta as programacións didácticas das materias impartidas polo departamento de L. Galega no curso 2022-23

Programacións didácticas do departamento de Debuxo. Curso 2022-23

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as programacións didácticas das materias impartidas polo departamento de Debuxo para este curso 2022-23.

Programacións didácticas curso 2022-2023

Xúntanse as programacións didácticas do departamento para a súa consulta. 

Mediación escolar

No curso 2020-21 iniciamos a mediación escolar no noso centro, aumentando esforzos e sistematizando o proceso nos cursos seguintes. 

A mediación é unha estratexia de solución pacífica de conflitos, na que as partes enfrontadas chegan a un acordo contando coa axuda dunha terceira persoa imparcial. Trátase dun proceso voluntario, confidencial e formal, sobre o que podedes ter máis información no protocolo e tríptico adxunto. 

Na actualidade contamos cun equipo de mediación formado por profesorado e alumnado voluntario, que nos reunimos e realizamos diversas actividades para dar a coñecer a mediación e poñela en práctica. Animádevos a formar parte do equipo!

Podedes coñecer máis sobre as actividades de mediación no bloque de orientación e no blog da biblio

Programacións didácticas curso 2022-2023

Deixamos as programacións para consulta

Distribuir contido