INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

Inglés

Inmersión lingüística en lingua inglesa do alumnado de 2º ESO

Grazas ao Programa de Inmersión Lingüística en inglés do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, 25 alumnas e alumnos de 2º da ESO, acompañados polas profesoras Lupe Rodríguez e Sandra Romarís, desfrutaron de 6 días nun campamento en Robledo de Fenar (León). Alí puideron traballar a competencia oral da lingua inglesa en entornos comunicativos non formais a través da danza, dos xogos populares, da gravación e edición de vídeos, entre moitas outras actividades.

Unha experiencia inolvidable nunha paraxe inigualable que tiveron a sorte de compartir cun centro educativo de Sant Vicenç de Castellet (Barcelona) co que se entenderon á perfección desde o primeiro momento e do que saíron grandes amizades.

Criterios de avaliación Departamento de Ingles curso 2023/2024

Nos arquivos adxuntos pódese consultar os criterios de avaliación das distintas materias do Departamento de Inglés para o curso 2023/24

Parabéns para as nosas "Juvenes Translatores"

“Traducir es producir con medios diferentes efectos análogos”

Paul Valéry

 

O pasado 24 de novembroun grupo de 5 alumnas de 2º Bacharelato  (Xiana Andrade, Iria Estévez, Candela Porto, Noa Taibo e Antía Tejo) participaron no concurso organizado pola Comisión Europea que leva por título Juvenes Translatores”  e que este ano versou sobre a temática “European Youth”.

Despois da avaliación por parte dun grupo de profesionais da tradución e da revisión da  DG Tradución das  traducións dos alumnos e alumnas que participaron no concurso (2883 en todos os idiomas), un xurado presidido polo director xeral da DG Tradución elixe a mellor tradución de cada Estado membro. Segundo recoñeceu a comisión avaliadora, esta tarefa foi  todo un desafío, pois o equipo avaliador atopouse con textos excelentemente traducidos tanto pola súa precisión como pola creatividade da solucións. Lamentablemente, tan só podía haber un gañador ou gañadora e, aínda que  este/a non foi ningunha das nosas participantes, Antía Tejo resultou galardoada cunha Mención Especial, o que da conta do alto nivel que os/as xuíces avaliadores das traducións viron no seu texto.

Todo o departamento de Inglés así como o claustro de profesores comprácese en felicitar ao grupo  de alumnas por asumir este reto sen dubidar un segundo e a Antía por acadar este logro que nos da folgos para o ano que ven poder facernos coa praza gañadora. Noraboa a todas, participar xa foi un éxito!

 

Non gañamos, pero case !!!! Mención especial no Concurso Juvenes Translatores da UE

 

O pasado 24 de novembro unha representación do alumnado de Inglés do IES Lamas de Abade participou no "Concurso Juvenes Translatores" organizado pola Comisión Europea.

Agora temos recibido con ledicia a notificación de que unha das alumnas participantes, Antía Tejo Rodríguez, está entre as Mencións Especiais do Certame.

Parabéns enormes!!!!! 

Podedes comprobalo pulsando aquí.

Criterios de avaliación Departamento de Ingles curso 22-23

Nos arquivos adxuntos pódese consultar os criterios de avaliación das distintas materias do Departamento de Inglés para o curso 2022/23

Aviso Departamento Inglés

Aviso para o alumnado de Inglés:

  1. En 1º, 2º de ESO, 1º de Bach e 1º de FPB estamos traballando online a través da Plataforma Classroom
  2.  En 3º, 4º de ESO, 2º Bach e 2º FPB a través do correo electrónico. 

 Se alguén ten problema para entrar na Aula Virtual ou non ten recibido os materiais pode poñerse en contacto co profesorado de inglés (nos mails que foron empregados durante o curso), cos titores de grupo ou mesmo co mail do Instituto para que traslade a dúbida.

 

Asinado: Profesorado do Departamento de Inglés

Halloween Pumpkin Contest (2019)

O Departamento de Inglés, con motivo da celebración de Halloween, ten organizado un concurso de figuras nas que a temática estaba centrada, preferentemente, na realización dun "pumpkin" inspirado nalgún animal. igual que en anos anteriores o resultado está cheo de imaxinación e creatividade. Pronto coñeceremos os galardóns. De momento teredes que conformarvos co álbum compartido da actividade 

Cine Numax

Os Cursos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato acudirán o luns á Sala Numax para visionar a película "Suffragette" en Versión Orixinal en lingua inglesa. A actividade está organizada polo Departamento de Inglés para o día 8 de abril en horario de 9 a 11:30 . Se queredes máis información pulsade para ver a web de Numax e se vos interesa información da película, neste caso en galego ou castelán, pulsade neste Link

Lembrades o Concurso de Postres de Halloween?

Hai un par de semanas aconteceron algúns eventos que deixamos de lado para atender ao montón de actividades que saturaban a nosa web, pero agora que a cousa está máis tranquila vai sendo tempo de deixar os oportunos recoñecementos aos que fan un bo traballo no noso Instituto e por veces quedan no esquecemento ou fóra da nosa atención. Por ese motivo compartimos hoxe con vos a foto de entrega de premios do concurso de postres que polo Halloween organizara o Departamento de Inglés e do que xa deixamos constancia na nosa web co seu correspondente álbum de fotos. Parabéns enormes para estes cociñeiros e cociñeiras que traballaron arreo naqueles "sweet desserts" e que agora amosan o seu diploma e premio de cine: César Alijo, Iria Estévez e Antía Tejo 

Treat or trick

Durante esta noite tremeron os alicerces do Departamento de Inglés do Lamas de Abade, removéronse terras e pedras e pola mañanciña apareceron un montón de testemuños escritos e tartas 

de ultratumba (aínda que seguro que para os de inglés e para os amantes do Halloween sería máis propio dicir "a lot of afterlife cakes")... Cal é a túa favorita??? Mira algúns detalles no ALBUM COMPARTIDO

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer