O 29 de abril, o alumnado do CS de Próteses dentais recibiu a visita do presidente do Colexio de Protésicos de Galicia, Avelino Sanmartín Caamaño, quen impartiu unha charla informativa acerca da organización e as funcións do Colexio, e o presente e futuro da profesión dos e das protésicos dentais.
O pasado luns, 4 de marzo, o alumnado do CS de Próteses dentais recibiu a visita de Gioia e Lorenzo, técnicos en Próteses dentais da empresa italiana Zirkonzahn, cuxo fundador, Enrico Steger, é o inventor do Zirkograph, sistema de fresado manual, para elaborar próteses de zirconio. O alumnado puido disfrutar dunha presentación dos cursos de formación postgrado que ofrece Zirkonzhan en Italia así como dunha mostra dos produtos elaborados e os materias empregados nas súas próteses. Finalmente amosáronos o laboratorio móbil de Prótese dental co que están a viaxar por Europa para poder dar a coñecer a súa empresa.
O pasado 12 de decembro o alumnado de 1º e 2º cursos do CS de Próteses dentais visitou as instalacións de Sineldent, centro especializado na fabricación de próteses dentais por CAD/CAM empregando tecnoloxía aditiva. Ademáis tivemos a oportunidade de coñecer o Centro Galego de Innovación da Formación Profecional Eduardo Barreiros, onde se levan a cabo diversos proxectos de investigación e innovación xurdidos no ámbito da FP e se posibilita o seu desenvolvemento empresarial.
O alumnado de Emerxencias Sanitarias e Coidados auxiliares de enfermería visita a base do Pesca 1 en Vigo para coñecer un pouco mais o desempeño profesional do equipo de Gardacostas de Galicia no referente ao salvamento e rescate marítimo. Agradecer a estes marabillosos profesionais a súa calurosa acollida e a gran implicaciòn co noso alumnado.
Os días 19 e 26 de xaneiro recibimos no laboratorio de Próteses dentais do instituto a visita de Joan, Claudia e Miguel, axentes comerciais e especialistas de produto de AVINENT, grupo empresarial especialista do sector dental.
Durante a primeira xornada, amosáronos una mostra dos produtos que se elaboran no seu centro de fresado en Manresa e ademais fixeron unha demostración do manexo de escáner intraoral para obter una imaxe tridimensional sobre a que realizar o deseño das próteses.
Na segunda xornada o alumnado recibiu una masterclass de deseño de próteses dentais con Exocad.
No pasado mes de decembro fixérase unha actividade co alumnado de emerxencias sanitarias e aínda non tiñamos compartido as fotos desa actividade. A charla foi impartida pola Unidade Cinolóxica da Garda Civil, onde explicou ao noso alumnado o seu papel na fase de rescate de víctimas, búsqueda e localización, coa axuda de cans adestrados para grandes áreas. Precisamente grazas a esta actividade o alumnado entrou en contacto con esa etapa previa a que os Técnicos en Emerxencias fagan a atención sanitaria e traslado de ditas víctimas.
Deixamos enlace a algunhas fotos
https://photos.app.goo.gl/gs7JugQs87BnE7319.
O alumnado do ciclo formativo de Emerxencias Sanitarias participa nunha actividade organizada polo Colexio de Médicos de A Coruña para conmemorar o dia Europeo de Concienciaciòn ante o Paro Cardíaco. A actividade levouse a cabo na Praza do Obradoiro e o noso alumnado colaborou na formaciòn de mais de 400 alumnos de diversos centros de Santiago poñendo en práctica con eles técnicas de RCP básica e Desfibrilaciòn Semiautomática.
Deixamos un enlace a algunhas fotografías da actividade.
https://photos.app.goo.gl/qKLcQFuMHDaMiu6B7
Cristina Cabaleiro Sobrino, profesora do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, impartirá este luns día 2 de marzo unha conferencia pensada para o alumnado do 1º e 2º Ciclo Superior de Saúde Ambiental.
A conferencia, titulada "Pandemias do século XXI", terá lugar no Salón de Actos do IES sobre as 10:35 horas da mañá estimándose unha duración aproximada de 65 minutos
Os días 5 e 10 de febreiro o Ciclo de Emerxencias Sanitarias desenvolveu varias visitas nas que o alumnado puido entrar en contacto coa realidade da Base Medicalizada que o 061 ten en Compostela. Teñen compartido coa redacción da web numerosas fotos da actividade que facilitamos mediante o álbum de costume en google photos e coa máxima calidade.
O Ciclo Medio de Emerxencias visitará a Base Medicalizada de Santiago de Compostela hoxe 10 de febreiro en horario de tarde (entre as 16:00 e as 19:00 horas)
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer