Dada a situación na que nos atopamos actualmente, as actividades relacionadas coa orientación do alumnado e as familias que se víñan realizando no centro non se poderán levar a cabo neste momento, por isto, e co obxecto de que o alumnado e as súas familias poidan recibir información actualizada, desde o departamento de orientación publícase estes días un blog como forma de poñer a vosa disposición dita información.
Que podo atopar neste blog?
(Durante este tempo iremos completando e actualizando os contidos do mesmo.)
Podes acceder ao blog no seguinte enlace:
https://orientacionlamas.blogspot.com
Para solicitar información ou consultar calquera dúbida tamén podes poñerte en contacto coa orientadora do centro no seguinte correo:
Esperando vervos pronto:

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central.
No encontro houbo consenso xeneralizado nos seguintes puntos:
-Manter o calendario escolar, acordando entre outros puntos:
Aprazar as ABAU:
.As datas para a convocatoria ordinaria serán entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar as cualificacións ata o 17 de xullo, e
.Convocatoria extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.
Acordase tamén manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.
-Formación profesional:
A duración da Formación no Centro de Traballo (FCT) limítase de maneira excepcional ás horas mínimas recollidas na normativa, é dicir, 220 horas.
Podes consultar as noticias completas nos seguintes enlaces:
http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200325-sectorial.html
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634
É unha iniciativa proposta polo Ministerio de Educación dirixida a estudantes entre 6 e 16 anos para facilitar a aprendizaxe durante o tempo que duren as medidas de illamento para conter o coronavirus. Cada día pola mañá de luns a venres emítense cinco horas de contidos educativos en aberto a través de Clan TV e A2 de TVE.
A iniciativa está dirixida a toda a poboación, tendo en conta especialmente ás familias que por motivo das condicións impostas polo illamento teñen problemas para as pautas de traballo que van marcando os centros.
Na 2 de TVE, os estudantes de 12 a 16 anos poderán seguir as clases das distintas materias adaptadas á súa idade e distribuídas por días da seguinte maneira:
Podes consultar a noticia completa no seguinte enlace:
http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200321-mefprtve.html
A Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central.
No encontro houbo consenso xeneralizado nos seguintes puntos:
-Manter o calendario escolar, acordando:
●Avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre.
●Suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica (3º,6º de primaria e 4º de ESO)
●Aprazar as ABAU:
.As datas para a convocatoria ordinaria serán entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar as cualificacións ata o 17 de xullo, e
.Convocatoria extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.
Acordase tamén manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.
Podes consultar a noticia completa no seguinte enlace:
O venres 13 de marzo tiñamos convocada unha sesión informativa para o alumnado dos ciclos superiores que quere solicitar o acceso a estudos universitarios.
Cando nos reincorporemos ás aulas poremos novamente data para a reunión, pois case seguro que as datas que manexamos nestes momentos sufran modificacións, mentres tanto adxunto unha presentación con algúns aspectos a ter en conta no acceso.
Desde o departamento de orientación poñemos a vosa disposición información para cada nivel educativo sobre a oferta formativa e/ou itinerarios educativos para o curso seguinte co fin de que o alumnado e familias poidan consultalos.
Poñemos tamén a disposición do alumnado unha recopilación de páxinas que contan con recursos de orientación vocacional (cuestionarios de intereses profesionais, aptitudes...) que poden axudar na súa elección e algúns enlaces a páxinas con videos explicativos sobre os disitntos ciclos formativos.
Cando nos reincorporemos ás aulas traballaremos sobre eles nos distintos niveis e actualizaremos a información pois neste momento estabamos a revisar a oferta formativa do centro ( fundamentalmente a oferta de materias específicas e/ou de libre configuración).
"El Ministerio de Educación y Formación Profesional (MEFP) ha adoptado diversas medidas para paliar los efectos de la suspensión de la actividad docente en centros educativos de toda España. “El objetivo es asegurar que alumnos y alumnas puedan acabar el curso sin verse perjudicados a causa de las medidas adoptadas para contener la expansión del coronavirus Covid-19.
El MEFP ha convocado el próximo martes 17 una reunión telemática de la Comisión General de la Conferencia de Educación -de la que forman parte todas las Comunidades Autónomas- conjuntamente con el Ministerio de Universidades y la Conferencia de Rectores para estudiar la posibilidad de retrasar la prueba de acceso a la Universidad (EVAU) de forma que el calendario de matrícula universitaria se adapte a las circunstancias y ningún estudiante se vea perjudicado.
En cuanto a las prácticas en el centro de trabajo y la FP dual, el MEFP, de acuerdo con las CCAA, propondrá la flexibilización de las prácticas, bien posponiéndolas o bien concentrándolas. Si la situación se prolonga, se propondrán nuevos plazos y medidas de evaluación excepcional para que los estudiantes puedan obtener su titulación.
En relación a las pruebas de acceso a la Formación Profesional de grado medio o superior para quienes no cuenten con los requisitos académicos de acceso a estas enseñanzas, se adaptará el calendario de las pruebas y matrícula y se mantendrá una reserva de plazas para que ningún estudiante se quede sin posibilidades de acceso."
Cando se vaian tomando decisións a este respecto ampliaremos a información.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer