Dada a situación na que nos atopamos actualmente, as actividades relacionadas coa orientación do alumnado e as familias que se víñan realizando no centro non se poderán levar a cabo neste momento, por isto, e co obxecto de que o alumnado e as súas familias poidan recibir información actualizada, desde o departamento de orientación publícase estes días un blog como forma de poñer a vosa disposición dita información.
Que podo atopar neste blog?
(Durante este tempo iremos completando e actualizando os contidos do mesmo.)
Podes acceder ao blog no seguinte enlace:
https://orientacionlamas.blogspot.com
Para solicitar información ou consultar calquera dúbida tamén podes poñerte en contacto coa orientadora do centro no seguinte correo:
Esperando vervos pronto:
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central.
No encontro houbo consenso xeneralizado nos seguintes puntos:
-Manter o calendario escolar, acordando entre outros puntos:
Aprazar as ABAU:
.As datas para a convocatoria ordinaria serán entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar as cualificacións ata o 17 de xullo, e
.Convocatoria extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.
Acordase tamén manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.
-Formación profesional:
A duración da Formación no Centro de Traballo (FCT) limítase de maneira excepcional ás horas mínimas recollidas na normativa, é dicir, 220 horas.
Podes consultar as noticias completas nos seguintes enlaces:
http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200325-sectorial.html
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634
O venres 13 de marzo tiñamos convocada unha sesión informativa para o alumnado dos ciclos superiores que quere solicitar o acceso a estudos universitarios.
Cando nos reincorporemos ás aulas poremos novamente data para a reunión, pois case seguro que as datas que manexamos nestes momentos sufran modificacións, mentres tanto adxunto unha presentación con algúns aspectos a ter en conta no acceso.
"El Ministerio de Educación y Formación Profesional (MEFP) ha adoptado diversas medidas para paliar los efectos de la suspensión de la actividad docente en centros educativos de toda España. “El objetivo es asegurar que alumnos y alumnas puedan acabar el curso sin verse perjudicados a causa de las medidas adoptadas para contener la expansión del coronavirus Covid-19.
El MEFP ha convocado el próximo martes 17 una reunión telemática de la Comisión General de la Conferencia de Educación -de la que forman parte todas las Comunidades Autónomas- conjuntamente con el Ministerio de Universidades y la Conferencia de Rectores para estudiar la posibilidad de retrasar la prueba de acceso a la Universidad (EVAU) de forma que el calendario de matrícula universitaria se adapte a las circunstancias y ningún estudiante se vea perjudicado.
En cuanto a las prácticas en el centro de trabajo y la FP dual, el MEFP, de acuerdo con las CCAA, propondrá la flexibilización de las prácticas, bien posponiéndolas o bien concentrándolas. Si la situación se prolonga, se propondrán nuevos plazos y medidas de evaluación excepcional para que los estudiantes puedan obtener su titulación.
En relación a las pruebas de acceso a la Formación Profesional de grado medio o superior para quienes no cuenten con los requisitos académicos de acceso a estas enseñanzas, se adaptará el calendario de las pruebas y matrícula y se mantendrá una reserva de plazas para que ningún estudiante se quede sin posibilidades de acceso."
Cando se vaian tomando decisións a este respecto ampliaremos a información.
A continuación adxúntase un calendario coas datas a ter en conta para o alumnado de ciclos superiores que queira solicitar o acceso á universidade ben facendo previamente as probas de ABAU ou ben solicitar acceso directo co título de técnico superior.
Recóllense datas das probas de ABAU e prazos de admisión e matrícula nas ensinanzas de grao.
Toda a información pode consultarse na páxina da CIUG no seguinte enlace:
A continuación tedes o enlace a un video explicativo da CIUG no que se dan instruccións sobre distintos aspectos da proba: desenvolvemento da presentación ás probas na primeira xornada, instruccións sobre a identificación dos exames e material que está permitido utilizar.
Podedes ver o video no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=Cze9Wb7yPl0&feature=youtu.be
A continuación atoparás documentos relativos á:
-Estutura e cualificación da proba,
-Nota de admisión para o acceso á universidade para estudantes de ciclos formativos de grao superior,
Notas de corte e prazas ofertadas no curso 2019-20.
Nos seguintes enlaces podes informarte sobre:
-Convocatorias e calendario das probas:
https://ciug.gal/PDF/datasabau.pdf
-Horario provisional:
https://ciug.gal/PDF/horarioabau.pdf
-Instruccións para o desdenvolvemento da proba:
https://ciug.gal/PDF/instrucionsabau.pdf
-Taboa de ponderacións:
Para realizar estudos de formación profesional de grao superior é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos académicos de acceso:
- Título de Bacharelato.
· - Título de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio)
· - Otras titulacións (Título de Técnico Superior, Técnico Especialista, COU, Titulación unversitaria….)
· - Ter superado a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Quen se pode presentar ás probas de acceso a grao superior?
Quen non cumpra os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e teña dezanove anos cumpridos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes é do 10 ao 19 de febreiro de 2020.
Proba de acceso:
A proba de acceso consta de dúas partes:
PARTE COMÚN: Relacionada cos contidos do bacharelato:
-Lingua galega.
-Lingua castelá.
-Matemáticas.
PARTE ESPECÍFICA: Organizarase en tres opcións: A, B e C en función das familias profesionais e as materias establecidas para cada unha delas. Deberase elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a inscripción escollendo dúas das tres materias das que quere examinarse:
OPCIÓN A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés) e filosofía.
OPCIÓN B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física.
OPCIÓN C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
En que data terá lugar a proba? O 23 de abril de 2020
En que horario?
– Ás 9:00 horas: presentación.
Parte común da proba
– Das 9:30 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
Parte específica da proba
– Das 16:00 ás 18:30 horas (materias específicas da opción escollida).
Nos seguintes enlace tes información completa sobre:
- Xeneralidades sobre a proba:
http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior
- A convocatoria desde ano 2020:
http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual
-Contidos de referencia e criterios de avaliación da proba:
http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8513
-Modelos de exámes de convocatorias anteriores:
http://www.edu.xunta.es/fp/node/269/
-Instruccións para facer a solicitude:
http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8584
Se tes algunha dúbida podes consultar no departamento de orientación.
Guía de estudos superiores de Galicia 2019-20 publicada por La Voz de Galicia con máis de cen páxinas nas que se analizan as titulacións oficiais superiores que se poden cursar en Galicia: graos universitarios, títulos de FP superior e ensinanzas de réxime especial ( artes plásticas, arte dramática, música, deporte, deseño...).
Podes consultar a guía no seguinte enlace:
Ó remate dun ciclo formativo de grao superior poderás acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.
Unha vez admitido e matriculado poderás solicitar o recoñecemento directo de créditos cursados nos estudos universitarios oficiais de grao que empezas. Para facer efectivo este recoñecemento deberás facer unha solicitude na facultade.
No seguinte enlace poderás consultar o Catálogo de validacións para técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios, onde se recollen as validacións recoñecidas en cada facultade para os Titulados dun ciclo superior de FP.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer