INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

Novas do Ministerio de Educación e Formación profesional

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central.

No encontro houbo consenso xeneralizado nos seguintes puntos:

-Manter o calendario escolar, acordando entre outros puntos:

Aprazar as ABAU:

.As datas para a convocatoria ordinaria serán entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar as cualificacións ata o 17 de xullo, e

.Convocatoria extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

Acordase tamén manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

-Formación profesional:

A duración da Formación no Centro de Traballo (FCT) limítase de maneira excepcional ás horas mínimas recollidas na normativa, é dicir, 220 horas.

Podes consultar as noticias completas nos seguintes enlaces:

http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200325-sectorial.html

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer