Skip to Content

Aprendo Programando ''As etapas xeográficas do Camiño Francés a Santiago'' Xacobeo 2021 en 1º da ESO

En Programación 1º da ESO seguimos aprendendo co Camiño de Santiago neste ano Xacobeo 2021 no que non temos máis remedio aínda de percorrer o camiño de xeito virtual.

Para que nos acompañedes e aprendades con nós, creamos uns videoxogos (está mal que a profe o diga pero, son espectaculares!!!) recollidos no estudo de Scratch ao que podedes acceder clicando na imaxe seguinte.

xogo km estudo scratch

Para xogar selecciona o xogo e preme a bandeira, desprázate coas frechas, recolle cousas positivas e esquiva as negativas que restan vidas. E, moi importante, disfruta das paisaxes e dos cambios que apreciarás nos diferentes tramos do Camiño.

Grazas a Julián Ferrer e ao departamento de Xeografía e Historia por axudarnos a programar esta viaxe!

Nota: se queredes escoitar ''miañar'' o que tedes que xogar é ao ''Gatoregrino'' de David ou o Xogo dos km de Óscar. Se queredes ver uns deseños xeniais, aparte dunha programación impecable, tedes que probar os xogos de Lucía, Judith ou Ángela. 

ticsbeta

 



page | by Dr. Radut