Un ano máis os alumnos do Instituto Eusebio da Guarda participaron no concurso matemático XXV Canguro Matemático Sin Fronteras. Un certame que reúne a 18.898 alumnos de 552 centros de toda España.
Resultando premiados, por estar entre os primeiros clasificados de cada nivel por puntos: Kai Yuan, Wang Gao de 1º ESO A e Aicha González del Valle de 2º ESO C.
Tamén resultaron premiados tendo en conta a puntuación a puntuación total e a puntuación normalizada de todos os alumnos do Centro: Antía Sardiña García e Carla Dopazo Pavón ambas de 1º ESO A. Parabéns aos alumnos e alumnas premiados e tamén a todos os que fixeron o esforzo de participar neste reto.
A competición, consitiu na resolución de 30 problemas matemáticos adaptados a cada nivel durante unha hora e cuarto, e tivo lugar no Centro o xoves 15 de marzo.
Un total de 93 alumnos presentados de niveis de 1º, 2º, 3º , 4º de ESO e 1º de Bacharalato, coa colaboración dos profesores do Departamento de Matemáticas: Javier Chao Mata, Mario Juíz López, Carmen Muñoz Trasancos, Elena García García, Gloria Lamas Blanco, Rocío Oreiro Rey e Luis Javier Rodríguez González (como coordinador e responsable).
Ver participación