Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

POUR MOI, LA FRANCE C’EST…

Cada curso escolar, os alumnos de 1º de ESO, os mais novos do instituto, comezan a estudar unha nova lingua estranxeira, o francés.

Para a meirande parte deles, a súa entrada ao instituto coincide co primeiro contacto coa lingua de Molière.

Algúns o fan con certa reticencia, mais  a maioría amósase ilusionada ante o novo reto, aprender unha nova lingua…  da que consideran que non saben nada, o cal non é certo.

Nestes días estiveron  traballando na elaboración duns carteis, que titularon “Pour moi, la France c’est …”  (Francia, para min, é …). Observados polas súas profesoras, andaban na procura de obxectos, monumentos, frases, personaxes, palabras, cores, alimentos, paisaxes que representaran ao país veciño. E a bo fe que non o fixeron mal. Eles mesmos quedaban parvos coa cantidade de cousas e datos que coñecían xa e do que non eran conscientes.

Desta vez tratábase de Francia en exclusiva, pero pronto comprobarán que esta nova lingua acércaos a moitos lugares mais. Na primavera, asistiremos ao festival da Francofonía que ten lugar cada ano en Vilanova de Arousa, iso sérvelles para iren familiarizándose cos países que teñen o francés como lingua común.

Aló polo mes de maio aproveitaremos para lles  presentar a diversidade xeográfica da Francofonía, viaxaremos a través da música a outros lugares, con outros acentos, e descubrirán como soa esta lingua  cantada  polos habitantes de Nova Caledonia, da que tanto se fala nestes días, ou do Quebec ou mesmo da isla da Reunión.

Velaquí  unha escolma dos seus traballos cheos de cores e ilusión… Haberá uns pequenos agasallos.

Moitas grazas ás súas profesoras de Francés: María Barreiro Seoane e Rocío Rodríguez Ferreiro.

O 13 de novembro foron entregados os premios aos gañanadores do concurso. Isto constituíu toda unha sorpresa, xa que ninguén dos concursantes agardaba a celebración.  
Bravo les enfants!!!!

Velaquí o palmarés:

Concours “Pour moi, la France c’est…”

 

Liste de lauréats

1º ESO A  Francés 1ª Lingua Estranxeira
Nicolás John Barlow Zas
1º ESO A Francés 2ª Lingua Estranxeira
Olivia Pato Souto
1º ESO B Francés 2ª Lingua Estranxeira
Carla López Riveiros
1º ESO C Francés 2ª Lingua Estranxeira
Yara Vez Vilariño
1º ESO D Francés 2ª Lingua Estranxeira
Leila García López
 

Liste de finalistes

1º ESO A  Francés 1ª Lingua Estranxeira
Nicolás Rodríguez Martínez
1º ESO A Francés 2ª Lingua Estranxeira
Manuel Suárez Pose
Jorge Estévez de Carrillo
1º ESO B Francés 2ª Lingua Estranxeira
Vega Armada Santos
Elena Pernas Sancosmed
Natalia Gordo Gómez
1º ESO C Francés 2ª Lingua Estranxeira
Iris Fernández-Chao Vilariño
Uxía González González
 
1º ESO D Francés 2ª Lingua Estranxeira
Ha Nul Kim
Sofía Martínez Diz-Lois

 

Iago Jopia Astray triunfa en USA!

O alumno do Eusebio, Iago Jopia, que está cursando o equivalente a 1º de Bacharelato no Indiana High School de Pennsylvania, continúa alí os seus éxitos deportivos. Parabéns!!

Concurso de portas para celebrar o Samaín

Moitos grupos participaron no concurso de portas que foron adornadas para celebrar o Samaín. Resultaron premiadas as portas de 1ºC e 3ºD+V de ESO. Podes ver máis fotos no enlace.

1ºC:

3ºD+V:

1ºB de ESO celebrou Hallowenn

Fixeron un performance, baixo a dirección da súa titora Mª Eugenia Pérez, que meteu moito medo a todos cantos entramos na aula.

"O Eusebio bótase ao monte" (27 outubre do 2018)

Unha vez máis o profesorado do noso centro saleu a ler algunha páxina do noso particular patrimonio e xeografía.
Os Ancares recíbennos transitando pola súa caprichosa orografía de modelado glaciar. A de usa Navia estira os seus dedos cara o sur en forma de torrenteiras e regatos, morenas e gargantas.
A etnografía amósanos as ferramentas do autoabastecemento culminado en castros, cortíns, orros e pallozas (epicentro da vida familiar e dos diferentes oficios).Tamén afondamos na pegada da trashumancia e incluso da Mesta (cabanas, alzadas e brañas).
Visitamos Navia, Pandozarco e o Piornedo, veu os visitar a neve.
A vida é un curriculum e un dos apartados bibliográficos son as vivencias ao longo da nosa xeografía.

Antonio Fondo

Artigo de Antonio Fondo no blog do Instituto Cazatesouros

Visita ao CITEEC da Universidade de A Coruña

O pasado xoves 18 de outubro un grupo de alumnos de segundo de bacharelato visitaron, acompañados pola profesora Rosa F. Salmonte e o profesor Mario S. García, as instalaciones do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, vinculado a Escola de Camiños da Universidade de A Coruña.

Os responsabeis da visita, Félix Sánchez-Tembleque, José Paris e Manuel F. Herrador, adicaron varias horas á visita. Os alumnos poideron ver un ensaio de resistencia á flexión dunha viga.

Representación da obra de teatro "O xuízo a Antígona" polo grupo de teatro "Sin ir más lejos" da Casa de Castilla-La Mancha

Foi organizado polo Departamento de Latín para o alumnado de Latín, Grego e Cultura Clásica.

 

Charla dun biólogo do Instituto Oceanográfico de A Coruña

O técnico e Biólogo do Instituto Oceanográfico de A Coruña, Urbano Autó, impartiu unha charla aos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato, nunha actividade organizada polo profesor Manuel Varela do Departamento de Bioloxía e xeoloxía. Os alumnos asistirán á actividade Intermareal nas Xubias.

 

Visita á Casa Museo Pîcasso

O alumnado de ESA do instituto visitou recentemente a Casa Museo Picasso. A visita resultou moi interesante, tanto por todo o que aprenderon sobre Picasso neno (ficaron sorprendidos pola súa madureza artística, conmoveunos a morte da súa irmá Conchita...), como pola propia casa, que, en xeral, lles pareceu grande, fermosa e confortable. Emocionounos, ademais, que o pintor fose alumno, coma eles, do instituto. Unha experiencia para repetir. (Texto e fotos: S. Piensos)

Actividade "O Universo" de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO

Traballo cooperativo de Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO-A. Realizado por Antonio Pérez López, Elsa Tomé Veira e Alejandro Roca Soto. Coordina a profesora Nuria Berdiales.

Intercambio de Francés con Fontenilles

Un ano mais xa  temos connosco aos nosos amigos de Fontenilles. 

Como xa sabedes a familia faise mais grande de ano en ano e xa son moitas as promocións do centro francés que teñen visitado a nosa terra así como os profesores. Este ano facemos un intercambio netamente plurilingüe, pois haberá actividades en inglés, a profesora Nuria Bello colabora con nós na organización dunha tarefa no parque celta da Torre no que participarán os grupo francés e español do intercambio. Hai que dicir que ademais de Mme Tanis, os profesores acompañantes son Anne Déspreaux e Marc Vaissière, profesores de inglés.

O domingo estivemos todos xuntos e Santiago percorrendo a última etapa do camiño de Santiago, dende o Monte do Gozo, por certo guiados por uns axentes de protección civil ata o Obradoiro, que ían abrindo paso, facíannos sentir importantes. " V.I.P."  dicían os de Fontenilles. Pola tarde fixemos un xogo de pista pola cidade, no que os sete grupos traballaron a fondo.

Nestes días seguirán as excursións para coñecer o noso país e o xoves preparamos unha grande festa, a ver qué tal sae todo... a colaboración é moi boa de parte de tódolos sectores: alumnos, familias, mesmo os ciclos formativos traballan neso. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

Deixámosvos algunhas fotografías das actividades.

O Departamento de Francés.

 

Artigo en La Voz de Galicia:

Terceira visita ao CERN

O pasado venres 21 de setembro de 2018, e ata o 25, os alumnos de Física de segundo de bacharelato viaxaron Xenebra para visitar o Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN). Foron acompañados polos profesores Loli Blanco Vieites, Mª Carmen Díaz Cabanas e Abel Fernández Maroño. A viaxe foi unha experiencia inesquecible tanto desde o punto de vista dos alumnos como das acompañantes. Pódense ver as fotos neste enlace.

Exames gratuítos de B1 e B2 para alumnos deste Instituto

EXAMES GRATUÍTOS DE ACREDITACIÓN DO NIVEL B1 OU B2 EN INGLÉS A CARGO DA EMPRESA TRINITY COLLEGE LONDON

 

 Axuda con materiais para ISE I e ISE II

 Enlace á información B1

 Enlace á información B2

 Enlace á información básica B1-B2

Para alumnos:

  • 2º Bacharelato (con prioridade)
  • 1º Bacharelato (no caso de que quedaran vacantes de 2º de bacharelato)

 

Realización das probas:

 

·       Escrita: sábado 17 de novembro de 2018 en horario de mañá

 

·       Oral: entre o 19 e o 23 de novembro de 2018 en horarios que se concretarán para cada candidato

 

Inscrición: ata o mércores ás 14:00 h do 26 de setembro na Secretaría do Instituto.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut