Actividades e Concursos

A visita do inspector

A VISITA DO INSPECTOR | J. B. PRIESTLEY | Casa del LibroA visita do inspector  

O outro grupo de lectura de 1º Bacharelato A e B leron e comentaron a peza de J. B. Priestley A visita do inspector.                     

Erros e tánatos

O grupo de lectura de 1º Bacharelato A e B leu no mes de abril  o libro de relatos de Gonzalo Navaza Erros e tánatos.

Ao alumnado xa lles chamou a atención o tan suxerente e enigmático título. Na mitoloxía grega, Eros era o deus do amor e Tánatos o da morte. Xuntos e contrapostos  conforman os dous instintos básicos do ser humano. Neste libro o autor xoga cos termos Eros e Erros, algo que lle pareceu moi orixinal a Irene, e que responde ao feito de que na maioría dos relatos hai erros que levan a tánatos.

 A Xoel, Ainhoa e Bárbara gustoulles o xiro dramático, ás veces, pero sempre sorprendente que teñen os relatos ao final. Tamén ese humor e ironía que presentan, e que desdramatizan as historias, é algo a destacar e que fai o libro moi atraente.

Non te amola!

Non te amola!, de Xela Arias.

O grupo de lectura de 2º ESO E leu ao longo desta semana coa súa profesora Mónica Soto a obra de Xela Arias Non te amola!

O libro encantoulles e algúns deles expresan a súa opinión a través de cartas á propia autora. Velaquí algunhas:

23 de Abril: Día do Libro

    Como cada ano, o 23 de Abril recordamos arredor da lectura a coincidencia nesta data do falecemento ou enterro en 1616 de grandes escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso. 

     Nesta ocasión desde a biblioteca propoñémosvos que recomendedes un libro e que o acompañedes dunha imaxe, un debuxo, un título presentado artísticamente... Coma sempre, quen mellor o faga terá a súa recompensa. 

     Para participar, farase no papel que a propia biblioteca ou o profesorado proporciona. Tamén se entregará pola mesma canle.

     Compartide as vosas experiencias lectoras!! 

Esta si que che é desgraza

Recursos teatrais para a expresión dramática na escola Didáctica E Outros  Materiais Educativos - Materiais: Amazon.es: Casalderrey, Fina: Libros

“Esta si que che é desgraza”                  Fina Casalderrey

O grupo de lectura de 3º ESO B leu na  clase  durante a semana do 6 ao 9  de abril a  peza  de teatro  “Esta si que che é desgraza” da obra  Recursos teatrais para a expresión dramática na escola, de Fina Casalderrey. Esta peza é unha teatralización libre da Cousa de Castelao “Se eu fose autor teatral”.

Fixemos a lectura teatralizada e  os alumnos compararon e comentaron a versión lida.

Concurso "Personaxes femininos da literatura"

          Entre os máis de sesenta participantes neste concurso, foron moitos os que completaron con acerto as respostas. De entre eles resultaron gañadores nas dúas modalidades convocadas os seguintes alumnos:

Na ESO: Luis David Cobos Escalante, de 1º ESO-D, acompañado na imaxe pola súa profesora de Lingua Castelá Margarita González. 

En Bacharelato: Franco Luciano Ramírez Mauricio, de 1º Bac adultos B, na foto con Pedro Iturburúa, o seu profesor de Lingua Castelá.

     Parabéns aos gañadores e a todos os participantes.

     

Día Mundial do Teatro

     Grazas a unha iniciativa da UNESCO este día foi creado en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI), organización internacional non gobernamental no dominio das artes escénicas.

     Fíxase o 27 de marzo porque era o día no que se inauguraba en París o festival “Teatro das Nacións, ITI, UNESCO” que reúne a representantes de todos os países do mundo.


     O teatro emociona, alumea, incomoda, perturba, alporiza, revela, provoca, transgride. É unha conversa compartida coa sociedade. O teatro é a primeira das artes en se confrontar coa nada, coas sombras e mais co silencio para que xurdan a palabra, o movemento, as luces e a vida.
     Tense anunciado desde sempre a morte do teatro, especialmente despois de apareceren o cine, a televisión e os novos medios. Mais…

Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2021
por Hellen Mirren, Reino Unido.

     Que periodo tan difícil para o mundo do espectáculo, para moitos artistas, técnicos, artesáns, e para as mulleres que loitaron por esta profesión tan estigmatizada pola inseguridade.
     Se cadra esta inseguridade, sempre presente, fíxoos quen de sobreviviren á pandemia con enxeño e valor […]
     Os seres humanos téñense contado historias, os unos aos outros, desde que habitan o planeta. A marabillosa cultura do teatro vivirá mentres sigamos aquí.
     A pulsión creadora de escritoras, deseñadores, bailarinas, cantantes, actrices, músicos, directoras, nunca esmorecerá e, nun futuro moi próximo, agromará de novo con enerxía e un novo xeito de ver este mundo, que compartimos todos.


Non podo agardar!
Feliz Día Mundial do Teatro!

Clica aquí para ler unha selección de textos en galego.
Clica aquí para ler unha selección de textos en castelán.

Visita de Arantza Portabales

     O luns 22 de marzo, a escritora Arantza Portabales visitounos para compartir a tarde con nós e falar co alumnado de 1º de bacharelato sobre a súa novela Beleza vermella.

     Arantza Portabales, interventora de mañá e escritora de tarde, como ela nos dixo, comeza a súa traxectoria como autora de microrrelatos. Gañadora do XV Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia con Sobrevivindo, xénero no que destaca, tamén cultiva a novela como Deixe a súa mensaxe despois do sinal ou Beleza vermella. Agora díxonos que se atopa preparando a continuación desta última.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Arantza Portabales

21 de Marzo: Día da Poesía

21 de MARZO de 2021 

 

Día mundial da poesía

A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi aprobada pola UNESCO durante o seu 30º período de sesións, que se celebrou en París en 1999.

       De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e darlles a oportunidade ás linguas ameazadas de seren un vehículo de comunicación artística en cadansúa comunidade.

       Por outra parte, este Día ten como propósito promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos recitaispoéticos; apoiar as pequenas editoriais; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non sexa considerada unha forma anticuada de arte senón unha vía de expresión que lles permite ás comunidades transmitir os seus valores máis internos e reafirmárense na súa identidade; e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e mais a pintura.

           Podes ler algún poema ou fragmento clicando aquí.

 

Distribuir contido