Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Por qué é tan importante ler?

Aí tes a resposta:

23 de abril: DISFRUTA CUN LIBRO

Nos Libros atópanse as grandes verdades da vida. Adéntrate neles e descubrirás mundos novos. Desfruta con estas fermosas REFLEXIÓNS

Saída e obradoiro de maxia para o Club de Lectura 1º e 2º ESO

O día 20 de abril, o alumnado do club de lectura de 1º e 2º ESO puideron disfrutar dunha xornada lúdica, acompañados das súas profesoras Olga, Carme e María, como recompensa ao traballo realizado durante o curso.

A xornada comezou cunha comida campestre á beira do Museo do Coiro, que resultou moi agradable pola boa temperatura. Logo, foron de visita ao Museo da Moda,onde ademais de aprender a historia do tecido en Allariz, puideron convertirse en "modelos" por un día, desfilando na pasarela. Finalmente, e despois, de disfrutar duns sabrosos xelados, asistiron a un obradoiro de Maxia con Mago Víctor Noir na Casa da Cultura.

Día do Libro

ACTIVIDADES PREVISTAS

Venres, 20 abril: Comida campestre co alumnado de 1º e 2º de ESO, visita ao Museo da Moda e asistencia a un obradoiro de Maxia na Casa da Cultura.

Luns, 23 de abril. Exposición na Biblioteca de Libros Antigos achegados por profesores e alumnos e de traballos realizados polo alumnado en relación co Libro.

Martes, 24 de abril. Encontro co escritor Jaureguizar co alumnado de 2º de ESO.

Xoves, 26 abril: Encontro na Biblioteca coa escritora Cristina C.Pombo.  3º ESO

Visita á libraría Maruxaira e ao Espazo Ben Común durante a semana do 23-27 de todos os grupos acompañados polos titores.

Viaxe Fin de etapa 4º ESO-Madrid

O alumnado de 4º ESO do instituto do IES de Allariz acompañado dos seus profesores realizan a súa Viaxe Fin de Etapa durante 5 días a Madrid levando a cabo actividades como visitas ao museo da ciencia e tecnoloxia, museo do romanticimo, warner bross, amazonia...

 

A natureza ondulatoria da luz

Imos aproveitar os vídeos didácticos que nos ofrecen desde a USC, neste caso explicando a natureza ondulatoria da luz polo profesor Cibrán Santamarina.

 

Mulleres Pioneiras Cientificas

Este venres celebramos o dia da Muller Traballadora, onde as alumnas de 4º ESO e 1º Bacharelato de Ciencias puxéronse na pel de diversas mulleres pioneiras galegas para explicar as  dificultades que sufriron nos seus tempos por querer estudar.

Club de Lectura

Reunión do Club de Lectura do profesorado do IES de Allariz o pasado venres 2 de marzo

Unha tarde en compañia, churros e chocolate.

(Debuxo feito por Ares, moitas grazas)

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare