Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Concursos de elaboración de carteis e audiovisual

Coincidindo coa celebración de dúas datas moi importantes: "O día mundial da alimentación" ( 16 de outubro ) e "O día internacional contra a violencia de xénero" (25 de novembro ),  lánzanse estes dous concursos de elaboración de carteis destinados ó alumnado de secundaria. Sería para nos como comunidade educativa motivo de grande ledicia que participarades mostrando os vosos talentos e valores. As datas para presentación de traballos son ata o día 9 de novembro. Son concursos independentes e cada centro só pode presentar un traballo por cada concurso polo que se fará unha selección do que se considere o mellor traballo.

IMPORTANTE!!!: CONSULTAR BASES DE CADA CONCURSO NOS FICHEIROS ADXUNTOS

Para máis información tamén podedes facer click en cada unha das imaxes de embaixo e se tedes algunha dúbida sobre a inscripción poñedevos en contacto coa Vicedirección do centro. Moito ánimo!!!

   

          

 

 

Calendario e inicio da hora de ler

A pimeira semana do mes de outubro  ( 1 a 5 de outubro ), comézase a desenvolver a Hora de ler: 'En silencio liber-ando'. Nas vindeiras semanas irase facendo de forma rotativa, tal e como figura no calendario que publicamos a continuación para este primeiro trimestre. Boa lectura a tod@s!!!

INICIO DE CURSO 2018/19

                      

Recollida de vales para material escolar

Os vales para material escolar do alumnado matriculado en Xuño e Xullo pódense recoller dende o día 17 ó 31 deste mes na secretaría do centro. Recordade que o horario de apertura do centro nestas datas é de 10.30 a 12.30.

 

Listaxe provisional de admitidos e excluidos para axudas de libros de texto 2018-19

Dende onte, día 12 de Xullo, xa se atopa exposta no taboleiro do IES e a disposición dos interesad@s, a listaxe provisional  de admitidos e excluidos para axudas de libros de texto 2018-19.

Calendario de exames de setembro 2018

 

 

Matrícula 2018-19 ESO e Bacharelato

Lugar: Secretaría do centro

Horario de atención: 9:30 a 13:30

Prazo de presentación:

  • 25 de xuño a 10 de xullo, alumnado que APROBE TODO en xuño e ALUMNADO DE 6º PRIMARIA.
  • 1 ao 10 setembro, alumnado que se examine en setembro ou con causa xustificada.

O impreso de matriculación presentarase debidamente cuberto, asinado co documentación que nel se indica e fotocopiado para selar á súa entrega.

100 % aprobados probas ABAU 2018

Parabéns ao noso alumnado de 2º de bacharelato, o 100% de aprobados nas probas de ABAU 2018.

NORABOA!

Libros de texto curso 2018-19

Achégase a lista de libros para curso 2018-19.

Despedindo o fin de curso 2017/2018

Hoxe 21 de Xuño despedimos o curso 2017/2018 recordando algunhas das actividades realizadas durante o curso no instituto do IES de Allariz, para que quede en todos nos, alumnos e profesores un bo recordo.

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare