Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Club de Lectura
TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ CON ANTÍA YÁÑEZ "SENLLEIRAS"
O día 27 de novembro, tivo lugar un encontro coa autora Antía Yáñez na biblioteca do noso centro que lle presentou ao alumnado de 1º de bacharelato a súa obra "SENLLEIRAS".
Día en contra da violencia de xénero na Biblioteca
A nosa biblioteca quere conmemorar o día en contra da violencia de xénero, 25 de novembro, cunha exposición temática de libros de lectura relacionados co tema.
Ademais, na semana do 26 de novembro, levaranse a cabo 2 actividades relacionadas con esta temática e que parten da Biblioteca:
26 de novembro: Acto en contra da violenciade xénero na Casa da Cultura, a cargo do Grupo de Teatro de alumnos do instituto, que consistirá na dramatización de varios poemas, acompañados de actuacións musicais.
- APIs de Blogue
- Leer máis
Tertulias Literarias en galego Izan o da Saca
O día 1 de febreiro, alumnos de 1º e de 2º de bacharelato, participaron na Tertulia Literaria en galego sobre a obra de Xabier Quiroga Izan o da saca
- APIs de Blogue
Club de lectura 1º ESO
Este ano o club de lectura de 1º ESO no 1º trimestre leu o libro de Francisco Castro "Chamádeme Simbad"
- APIs de Blogue
TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ
O día 29 de novembro, celebráronse as Tertulias Literarias en Allariz. Este ano a obra elixida foi "A ferida no vento" de Antón Riveiro Coello.
CURSO 2017-2018
Durante este curso académico 2017-2018, no noso centro organízaronse varios clubs de lectura:
1º CICLO:,
Club en castelán, coordinado por Olga Fernández.
Club en galego, coordinado por Carme Pérez.
2º CICLO
Club en castelán, coordinado por María Sánchez e Cristina Cruz
- APIs de Blogue
- Leer máis
1º REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DO 1º CICLO DA ESO
Este ano, o club de lectura de 1º cicloé moi numeroso.
A primeira reunión fixérona na biblioteca e realizaron unha actividade lúdica que consistía na confección duns marcapáxinas con lemas en galego.
O libro que se traballou neste nivel
- APIs de Blogue
- Leer máis
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE PROFESORES
O día 19 de xaneiro, levouse a cabo a 1ª reunión do club de lectura de profesores que se achegaron á obra "Una voz escondida" de Parinoush Saniee.
A reunión fíxose ao redor dun "chocolate" na cafetería "Cándido" de Ourense e a ela asistiron case todos os integrantes do club.
Foi unha tarde moi agradable xa que o libro tratado deu moito de si e tocáronse moitos temas.
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL: "RECICLANDO O NADAL"
Este ano e, partindo do proxecto da Biblioteca, dedicado á reciclaxe, o noso tradicional concurso de postais de Nadal, levou como título "Reciclando o Nadal".
Aínda que estaba dirixido a todo o centro, os alumnos que máis participaron foron os de 1º e 2º de ESO.
As postais gañadoras levaron un agasallo e o resto foron expostas nos corredores do centro.
TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ
O día 1 de decembro, algúns alumnos de 1º de bacharelato e 4º ESO, asistiron á Tertulia Literaria sobre a obra de Inma López Silva"Aqueles días en que eramos malas", xunto con outros alumnos procedentes de varios centros escolares (IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, IES Maceda, IES de Viana do Bolo, Universidade Laboral de Ourense).
Houbo, coma sempre, unha tertulia radiofónica onde participaron 1 alumno de cada centro escolar, acompañado dun profesor e unha tertulia presencial na que participaron todos os alumnos e a propia autora.
Ademais, pola mañá, no noso instituto houbo un "Encontro coa autora" que lles falou aos alumnos de 2º de bacharelato da súa obra "Memoria de Cidades sen luz", lectura obrigatoria neste trimestre.
Grazas a todos pola participación.