Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Educación Física
Rafting 2024
Preme no link que tes a continuación e verás ao alumnado de 1º Bach facendo Rafting no río Miño ao seu paso pola localidade de Arbo (Pontevedra)
https://drive.google.com/file/d/1QuAGuU6STFL69qV-e5FrBlAWiWDI4vxF/view?usp=sharing
- APIs de Blogue
Fin dos Recreos Activos
Rematamos cos Recreos Activos deste curso 2023-24 no cal o noso alumnado participou en actividades diversas coma Fit-tok, Floorball, Tenis de Mesa, Datchball, Futsal, Concurso de triples ou Voleibol.
- APIs de Blogue
Parque Acuático Amarante 2024
Como previo dos Recreos Activos desenvolvidos ao longo do curso, alumnado do noso centro disfrutou dunha xornada no Parque Acuático de Amarante (Portugal)
Así que, xa sabedes!! No próximo curso non deixes de participar nos Recreos Activos!!
- APIs de Blogue
Piragüismo-Dragóns en Castrelo de Miño
Alumnado de 1º ESO acudiu o embalse de Castrelo de Miño para practicar piragüismo en embarcacións de 20 prazas ("Dragóns")
- APIs de Blogue
Andorra 24
Preme na enlace para ver o ben que o pasou o alumnado de 4º ESO na súa viaxe de fin de etapa en Andorra
https://drive.google.com/file/d/1YJBIffjHcGu_aKLPhQ5sP2oxr7bwXTS3/view?usp=sharing
- APIs de Blogue
Xogade-Cros
O pasado venres 17 de novembro, alumnado de 1º a 3º ESO participou na fase zonal de Cros do Xogade desfrutando dunha xornada deportiva e acadando moi bos resultados (como podedes ver nas fotos adxuntas)
- APIs de Blogue
Rafting no río Miño 2023
O pasado martes 17 de outubro, o alumnado de 1º Bach desfrutou dunha xornada de rafting polo río Miño ao seu paso pola localidade pontevedresa de Arbo.
Premede na imaxe superior para ver as súas habilidades...
- APIs de Blogue
II Carreira Andaina Solidaria
O pasado mércores 26 de abril, todo o alumnado da ESO do IES Allariz, e o de 6º Primaria dos CEIP Padre Feijoo (Allariz) e CEIP Padre Crespo (Xunqueira de Ambía) participaron na II Carreira Andaina Solidaria a favor da Asociación A.N.D.R.E.A.
Salientar o grande esforzo realizado co fin de recadar a maior cantidade de diñeiro posible, dando voltas ao percorrido dun kilómetro polo casco histórico da nosa vila (ver fotos...)
Moitas grazas a todos/as!!!
- APIs de Blogue
Viaxe a Andorra
Do 11 ao 18 de febreiro, o alumnado de 4º ESO, desfrutou da súa viaxe de fin de etapa en Andora; realizando actividade física, en contacto coa natureza e con moita diversión durante todas as xornadas!
- APIs de Blogue
Xogade, Campo a través
O pasado martes, alumnado de 1º, 2º e 3º ESO representou ao noso centro no campionato comarcal de “Campo a través” nas instalacións deportivas de Monterrei (Pereiro de Aguiar)
Ademais de disfrutar dunha xornada deportiva cun moi bo ambiente entre os participantes, acadamos excelentes resultados nas diferentes categorías.
Noraboa a todo o noso alumnado!!
- APIs de Blogue
- Leer máis