Skip to Content

Actividades

Semana da biblioteca 24-31 de outubro

Como todos anos, o 24 de Outubro celébrase o "Día da Biblioteca". O lema deste ano é "Bibliotecas Escolares: Viveiro de cidadanía". Ao longo do curso no centro realizaranse actividades de distinto tipo relacionado co tema. Nesta semana, o alumnado de 1º de ESO visita a biblioteca onde recibe o seu carné de usuario e tamén unha explicación do funcionamento da Biblioteca por parte da profesora bibliotecaria.

SEMANA DA BIBLIOTECA 24-31 OUTUBRO

Como todos anos, o 24 de Outubro celébrase o "Día da Biblioteca".

O lema deste ano é "Bibliotecas Escolares: Viveiro de cidadanía".

DÍA DA BIBLIOTECA E SAMAÍN 2018

A 1ª actividade que organizamos neste curso foi a celebración do Día da biblioteca (24 de outubro) e o do Samaín (31 outubro) que se realizan conxuntamente.

Fixéronse varias actividades na biblioteca:

- Visita do alumnado de 1º ESO á biblioteca para a formación de usuarios e entrega de carnés.

- Adorno da biblioteca e exposición de libros de temática de medo con motivo do Samaín.

- Exposición de "cabazas" do concurso organizado polo departamento de inglés de cabazas e lemas.

Saída e obradoiro de maxia para o Club de Lectura 1º e 2º ESO

O día 20 de abril, o alumnado do club de lectura de 1º e 2º ESO puideron disfrutar dunha xornada lúdica, acompañados das súas profesoras Olga, Carme e María, como recompensa ao traballo realizado durante o curso.

A xornada comezou cunha comida campestre á beira do Museo do Coiro, que resultou moi agradable pola boa temperatura. Logo, foron de visita ao Museo da Moda,onde ademais de aprender a historia do tecido en Allariz, puideron convertirse en "modelos" por un día, desfilando na pasarela. Finalmente, e despois, de disfrutar duns sabrosos xelados, asistiron a un obradoiro de Maxia con Mago Víctor Noir na Casa da Cultura.

BENVIDA AO CURSO 2017-2018

Comeza un novo curso escolar.
Seguindo o Lema da Biblioteca Escolar deste ano: "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar "
ANIMÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES nas nosas actividades:

ACTIVIDADE CONXUNTA EN ALLARIZ SOBRE A PROBLEMÁTICA DOS REFUXIADOS

O pasado día 15 de abril, venres, na vila de Allariz, organizouse unha actividade conxunta entre os <icentros escolares de primaria, a libraría Aira das Letras, o concello de Allariz e a Asociación Allariz c@s refuxiad@s .
Esta actividade consitíu nunha charla de Alfonso Mascuñana Bordas, profesor de filosofía xubilado e que acaba de chegar da Illa de Lesbos onde estivo como voluntario durante 5 semanas.
De forma totalmente solidaria, ofreceuse a vir aos centros escolares e ao Fogar do Maior, dar unha charla sobre a súa experiencia.
Ademais, algúns alumnos de bacharelato, fixéronlle unha entrevista en Radio Allariz na que tamén estivo presente o noso compañeiro Pilis, profesor de francés, recén xubilado e tamén o representante en Galicia da Asociación Alhambra Internacional, Francisco Rodríguez.
A actividade organizouse do seguinte xeito:

1. Charla para os rapaces de primaria: 10:30-11:30
2. Charla para os rapaces do instituto: 13:20-14:10.
3. Entrevista en Radio Allariz: 17:00-18:00
4. Charla aberta ao público no Fogar de Maior: 20:00.


Grazas a tod#s os que participastes e fixestes posible esta actividade.

 

 

 

 

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO NA BIBLIOTECA

Benvidos ao novo curso 2014-15.

Como todos os anos desde a Biblioteca anímase a participar ao alumnado e ao profesorado nun montón de actividades:

CLUB DE LECTURA, TERTULIAS, RADIO, ANIMACIÓNS, EXCURSIÓNS...E MOITAS MÁIS.

 

 

                                             ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

 

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO NA BIBLIOTECA

Hoxe, 7 de abril, visitará o noso centro, o escritor galego MARCOS CALVEIRO, autor entre outras obras de "O pintor do sombreiro de Malvas", "Todos somos con Natalia", "O Carteiro de Bagdad", que están lendo os nosos alumnos de 2º ciclo e 1º ciclo da ESO respectivamente.


Nesta ocasión, centrarase na súa obra "Todos somos con Natalia", lectura obrigatoria para o alumnado de 3º ESO


O encontro terá lugar na BIBLIOTECA do centro de 9:30 a 10:20.






 

Distribuir contido


by Dr. Radut