O noso centro, xunto co colexio de primaria e outras entidades da vila de Allariz, convertéronse durante os días 31 de marzo a 5 de abril en puntos de recollida de material para os refuxiados, participando nunha campaña que organizou un grupo de persoas de Allariz, en coordinación coaAsociación Alhambra e que se está levando a cabo en varios puntos de Galicia. O noso alumnado colaborou de xeito solidario coa achega de moito material de primeira necesidade (hixiene/saúde). Esta actividade complementarase cunha charla que terá lugar o día 15 de abril nos colexios de primaria e secundaria e tamén no Fogar dos Maiores, dun voluntario, que pertence á ONG AXUNICA, que acaba de chegar da Illa de Lesbos. Trátase de Alfonso Mascuñana Bordas, profesor de filosofía que acaba de vir como voluntario de Lesbos e vai por distintos puntos de Galicia contando a súa experiencia.
|