Skip to Content

Actualidade

23 de Abril: "Día do Libro"

            Este ano 2020 vai ser inesquecible por moitos motivos e desde o noso centro queremos conmemorar tamén o "Día do Libro" dun xeito distinto. Ás veces a distancia únenos e así a comunidade educativa do IES de Allariz parece xuntar esforzos para que esta situación sexa o máis levadeira posible para tod@s. Por iso, desde a Biblioteca propomos unha actividade creativa que denominamos "LIBÉRATE CON LIBROS", polo valor simbólico que nestes momentos ten o verbo "liberar" na que poidamos facer recomendacións de lecturas que dalgún xeito axudaran a levar este tempo de confinamento dun xeito máis agradable.

Quen mellor que Olga, profesora do departamento de Lengua Española, para exemplificar a actividade. "El confinamiento me ha traído tiempo de regalo y estoy releyendo "Cien años de Soledad" en una edición preciosísima, regalo de una amiga muy querida. He vuelto a visitar Macondo y a escuchar las mágicas historias de la famila Buendía..." Un placer muy recomendable !!!

Homenaxe á poetísa Luz Pozo Garza

  Esta mañá recibimos a triste noticia  do falecemento da poetisa Luz Pozo Garza

2 de Abril: "Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil"

Hoxe, 2 de abril de 2020, celébrase o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil"

Desde as Bibliotecas Escolares de Galicia, séguese traballando, aínda desde a casa.

A Biblioteca do IES segue a traballar!

A pesar dos difíciles momentos polos que estamos pasando, desde a BIBLIOTECA do IES de ALLARIZ, seguimos traballando para ofrecerlle a toda a comunidade educativa novidades e información sobre RECURSOS relacionados coa LECTURA e a CULTURA en xeral (cine, arte, libros, música...) que poidan acompañar nestas longas xornadas de cuarentena. Pódense consultar tamén nos arquivos adxuntos.

INFORMACIÓN IMPORTANTE BIBLIOTECA

A pesar dos difíciles momentos polos que estamos pasando, dsde a BIBLIOTECA do IES de ALLARIZ, seguimos traballando para ofrecerlle a toda a comunidade educativa novidades e información sobre actividades relacionadas coa LECTURA E A CULTURA EN XERAL (cine, arte, libros, música...) que poidan acompañar nestas longas xornadas de confinamento.

Pódense consultar en ADXUNTOS.

CAMPAÑA DE LECTURA DE NADAL

Esta Semana iníciase a CAMPAÑA DE LECTURA DE NADAL 2019 na Biblioteca.

Lembra que podes levar ata 5 LIBROS para as vacacións.

Data de inicio 16/12/2019/Data de remate: 10/01/2020

Día 3 de Decembro: "DÍA DA DISCAPACIDADE"

Hoxe, 3 de dembro, celébrase o DÍA DA DISCAPACIDADE. 


Desde a BIBLIOTECA do noso centro queremos facerlle unha homenaxe a esas

persoas que loitan cada día para sobrevivir, afrontando as dificultades con valentía.

Pódense consultar libros e películas relacionadas co tema.

 

Homenaxe a Margarita Salas

O pasado 7 de novembro, deixounos a grande científica Margarita Salas, coincidindo tamén coa data de nacemento doutra científica Marie Curie. Casualidades da vida!.

Novembro: Mes da Ciencia en Galego

Comeza o mes de Novembro "Mes da Ciencia en Galego". A biblioteca do noso centro quere contribuir a esta conmemoración pondo á disposición do alumnado e profesorado materiais relacionados coas ciencias, realizando unha exposición temática.

Ademais para todos os que estean interesados en traballar co alumnado nas aulas, neste enlace, pódese consultar recursos e actividades moi interesantes.

 

SEMANA DA BIBLIOTECA 24-31 OUTUBRO

 

Como todos anos, o 24 de Outubro celébrase o "Día da Biblioteca".

O lema deste ano é "Bibliotecas Escolares: Viveiro de cidadanía".

Distribuir contido


by Dr. Radut