Skip to Content

SEMANA DA BIBLIOTECA 24-31 OUTUBRO

 

Como todos anos, o 24 de Outubro celébrase o "Día da Biblioteca".

O lema deste ano é "Bibliotecas Escolares: Viveiro de cidadanía".

Ao longo do curso no centro realizaranse actividades de distinto tipo relacionado co tema.

Nesta semana, o alumnado de 1º de ESO visita a biblioteca onde recibe o seu carné de usuario e tamén unha explicación do funcionamento da Biblioteca por parte da profesora bibliotecaria.

Na semana do 24 a 31 de outubro celébrase ademais a " Semana da Alfabetización Mediática e informacional".   O noso centro quere contribuir organizando unha visita s días 24 e 25 de outubro co alumnado de 3º de ESO ás instalacións de RADIO ALLARIZ co obxectivo de animalos tamén a participar nun "Obradoiro de Radio Escolar" que se vai desenvolver no centro ao longo deste curso escolar. 

 

 

 



page | by Dr. Radut