Skip to Content

Xuño 2015

O IES DE ALLARIZ REPRESENTADO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA NAS VIII XORNADAS DO CLUB DE LECTURA

O pasado 5 de xuño ,o IES de ALLARIZ, participou nas VIII XORNADAS DO CLUB DE LECTURA, que se celebraron en Santiago de Compostela.

A coordinadora da biblioteca, representaou ao centro, cunha charla "CLUBS QUE CREAN VÍNCULOS", onde se falaba sobre unha das actividades que máis acollida ten entre o alumnado e profesorado do noso centro: AS TERTULIAS LITERARIAS.

Desde o curso 2009-10, o noso centro, participa nas Tertulias Literarias que organiza o concello de Ourense no Liceo, no 2º e 3º trimestre que consisten na lectura dun libro en galego e outro en castelán e na celebración conxunta de varios centros da Tertulia.

Desde o curso 2011-12 lévanse organizando unhas TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ, que contan con 2 modalidades: presencial e radiofónica, na que o alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato, participan de bo grado.

No vindeiro curso queremos facer extensible esta actividade aos colexios de primaria, organizando unha tertulia conxunta para o último ciclo de primaria e o 1º ciclo de secundaria.

 

Desde o IES, AGRADECEMOS a colaboración do profesorado, alumnado, Concello, asociacións culturais, librarías e en especial a RADIO ALLARIZ que nos permite facer máis atractiva esta actividade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FESTA DO BOI 2015


Esta fin de semana comezaron as esperadas "Festa do Boi" que se estenderán ata a vindeira fin de semana.

Onte, 31 de maio, celebrouse a "Procesión do Xan de Arzúa" na que participan alumnos e profesores do noso centro. 

Pola tarde, houbo unha presentación de "Bailes" e "Sobremesas" dos diferentes gremios. Foi unha actividade moi animada á que asitíu moita xente da vila e dos arredores.

 

31 de maio: "Procesión de Xan de Arzúa"

 

               

 

1 DE XUÑO "ROTEIRO DO BOI"


3 DE XUÑO "OS MONICREQUES"

 

ESTUDO CIENTÍFICO DO BOI DO DO ALUMNADO DE BIOLOXÍA 1º BAC

EXCURSION DE 4º ESO E PDCI A PONTEVEDRA-O GROVE

O pasado 28 de maio, o alumnado de 4º de ESO e PDCI puideron disfrutar dun día de excursión en Pontevedra e O Grove.

Visitaron, acompañados das súas profesoras Belén Barril e María Sánchez, o Museo de Pontevedra onde puideron facer un percorrido pola historia de Galicia desde o Paleolítico ata a actualidade. Logo fixeron o "Roteiro de Castelao" pola parte antiga de Pontevedra.

Tiveron un tempo libre para comer e como o tempo acompañaba algúns disfrutaron dun baño nas augas do Grove.

Pola tarde realizaron unha viaxe en catamarán pola Ría de Arousa no que ademais da beleza da paisaxe puideron aprender moitas cousas sobre as técnicas de captura de mexilóns, vieiras, ostras e tamén coñecer as especies de algas que habitan a nosa Ría.

Foi un día inolvidable xa que ademais tiveron un encontro con unha profesora de Lingua Española, Sara, que estivo con eles o ano pasado e á que querían moito.

Un día inesquecible sobre todo para o alumnado de PDCII que tiñan moita ilusión por volver ver a sú extitora.

 

 

 

 

 



by Dr. Radut