O día 20 de abril, o alumnado do club de lectura de 1º e 2º ESO puideron disfrutar dunha xornada lúdica, acompañados das súas profesoras Olga, Carme e María, como recompensa ao traballo realizado durante o curso.
A xornada comezou cunha comida campestre á beira do Museo do Coiro, que resultou moi agradable pola boa temperatura. Logo, foron de visita ao Museo da Moda,onde ademais de aprender a historia do tecido en Allariz, puideron convertirse en "modelos" por un día, desfilando na pasarela. Finalmente, e despois, de disfrutar duns sabrosos xelados, asistiron a un obradoiro de Maxia con Mago Víctor Noir na Casa da Cultura.
Esperamos que sigan disfrutando co pracer da lectura.