Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017 - 2018

NO DOCUMENTO ADXUNTO OU PREMENDO EIQUÍ PÓDESE CONSULTAR A RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017 - 2018

MATRÍCULA NO CURSO 2017 - 2018, SOLICITUDE DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR, E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

No documento adxunto pódense consultar os prazos e procedementos para facer a matrícula no curso 2017 - 2018, solicitar axudas para adquisición de material escolar, e participar no fondo solidario de libros de texto

AVALIACIÓN FINAL DE BACHARELATO PARA ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)

No documento adxunto pódense ver as instrucións para a realización, dentro do curso 2016-2017, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) 

 

Éxito na VIII Olimpiada de Xeoloxía

Jacobo Conde Cid, alumno de 2º de Bacharelato do IES de Allariz, quedou en terceira posición na fase provincial da VIII Olimpiada de Xeoloxía. Felicitacións a el moi especialmente, pero tamén ao resto do alumnado participante.

Arnoia Bouzas e Iván Feijoo, outros antigos alumnos do IES de Allariz que son noticia

O exalumno do IES de Allariz Iván Feijoo gaña o campionato de España junior de bicicleta de montaña, mentres que a exalumna Arnoia Bouzas conta as súas ricas experiencias educativas, en tódolos sensos, por Europa adiante (Trieste. Londres, Turín, Boloña...)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/allariz/2017/01/09/dotta-rossa-allariz/0003_201701O9C8991.htm

http://www.laregion.es/articulo/deporte-local/nadie-puede-ivan-feijoo/20170109085312676664.html

Arnoia BouzasIván Feijoo

Unha antiga alumna do IES de Allariz obtén o premio ao mellor expediente académico

Raquel Pérez, antiga alumna do IES de Allariz, conseguíu o premio ao mellor expediente académico no Máster en Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo.

Un premio ao esforzo e a paixón

A titulada Raquel Pérez, recoñecida co Premio ao Mellor Expediente da súa promoción, confesaba sentirse enormemente agradecida á escola e ao Colexio de Enxeñeiros de Minas do Noroeste. “A verdade é que resulta unha grata recompensa polo esforzo e a entrega durante os anos de mestrado”, sinala. Ante unha titulación que esixe tantas horas de dedicación, a alumna recoñecía que cando “un lle pon paixón o que fai, o traballo é moito máis levadeiro”. Pérez considera que “un recoñecemento deste tipo sempre se vai ter en conta de maneira positiva á hora de iniciar a vida laboral”, aínda que agarda que cando ocupe un posto de traballo sexa porque ten as cualidades idóneas para o mesmo, e non por este tipo de recoñecementos previos.

Segundo indica a premiada, no máster lévase a cabo unha formación integral nos campos da extracción, transformación e xestión dos recursos, ben sexan naturais (minerais, augas, espazos subterráneos) coma enerxéticos (renovables e convencionais). A ela o mestrado serviulle para completar a formación como enxeñeira nos temas relacionados coa industria extractiva, os explosivos e a metalurxia. Resulta positivo observar que nunha titulación na que sempre houbo máis alumnos que alumnas, a tendencia vai cambiando, como así o demostra este outorgamento, a pesar de que nesta promoción do mestrado “eramos dúas mulleres fronte a oito homes”, confesa a alumna.

Texto e fotos: http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=12166&Itemid=47.

Merecido premio a unha antiga alumna do IES de Allariz.

Gabriela Zerpa Ostilla (Gaby), antiga alumna do IES de Allariz, recibíu da Universitat Jaume I, dentro dos Premios Ernest Breva á Excelencia Académica, o Premio ao Rendemento Académico de Primeiro Curso no Grao de Publicidade e Relacións Públicas.

Parabéns e a seguir con esa brillante traxectoria á que nos tés xa acostumados.

Éxito na Olimpiada Galega de Economía.

Rocío Dopozo Gómez, Eva Quintas Rejo e Luis Pérez Álvarez, estudantes do IES de Allariz, acompañados pola súa profesora de Economía, Mercedes Pumar García, participaron nas Olimpiadas Galegas de Economía. Luis Pérez logrou a medalla de bronce, polo que participará proximamente nas Olimpiadas Españolas de Economía que terán lugar en Valladolid.

Noraboa a estudantes e profesora! 

  

O NOSO ALUMNADO PARTICIPA NA FESTA DO BOI

Como todos os anos,  cando chega a Festa do Boi a Allariz, o alumnado de primaria e secundaria, participa nas diversas actividades de tipo cultural que hai durante a semana da Festa.

Comezan na Procesión do Xan de Arzúa, onde desfilan o gremio dos Xograres e Trobadores, acompañados doutros elementos como a Tarasca...que é levada por rapaces.

Logo o luns faise un "Roteiro histórico do Boi" en clave humorístico. 

O mércores, alumnos de primaria e secundaria protagonizan a representación teatral en monicreques da festa, que este ano ademais estivo acompañada dunha "Procesión infantil" con batucada. 

O xoves o maiores axudan aos maís novos a atopar pistas no xogo do "Pista Boi".

Ademais, este ano algúns alumnos de bacharelato, 4º e 3ª ESO acudiron ás Tertulias Literarias en galego sobre o libro de Berta Dávila, "O derradeiro libro de Emma Olsen", e deixaron a súa pegada na cidade, xa que amosaron que o gusto pola lectura pode ir unido ao gusto pola festa e a tradición.

 

 

                                   

 

 

 

                                  

 

 

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare