Skip to Content

O NOSO ALUMNADO PARTICIPA NA FESTA DO BOI

Como todos os anos,  cando chega a Festa do Boi a Allariz, o alumnado de primaria e secundaria, participa nas diversas actividades de tipo cultural que hai durante a semana da Festa.

Comezan na Procesión do Xan de Arzúa, onde desfilan o gremio dos Xograres e Trobadores, acompañados doutros elementos como a Tarasca...que é levada por rapaces.

Logo o luns faise un "Roteiro histórico do Boi" en clave humorístico. 

O mércores, alumnos de primaria e secundaria protagonizan a representación teatral en monicreques da festa, que este ano ademais estivo acompañada dunha "Procesión infantil" con batucada. 

O xoves o maiores axudan aos maís novos a atopar pistas no xogo do "Pista Boi".

Ademais, este ano algúns alumnos de bacharelato, 4º e 3ª ESO acudiron ás Tertulias Literarias en galego sobre o libro de Berta Dávila, "O derradeiro libro de Emma Olsen", e deixaron a súa pegada na cidade, xa que amosaron que o gusto pola lectura pode ir unido ao gusto pola festa e a tradición.

 

 

                                   

 

 

 

                                  

 

 



page | by Dr. Radut