Skip to Content

Blogues

Inicio curso 2022/2023

O xoves día 8 de setembro iniciarase o curso escolar 2022-2023 para a ESO e Bacharelato en horario habitual de 08:30 a 14:05.

Para o ciclo comezará o venres día 9 co horario habitual de 08:30 a 14:05.

O servizo de autobuses estará dispoñible.

O IES Agra de Raíces permanecerá pechado ata setembro

O IES Agra de Raíces permanecerá pechado dende o día 29/07/2022 ata o fin do mes de agosto. Soamente se atenderán urxencias a través do correo electrónico do centro: ies.agra.raices@edu.xunta.gal

Plan Dixital do IES Agra de Raíces

Ao longo deste curso pasado 2021/2022 foise elaborando o Plan Dixital do noso centro, que é unha nova ferramenta para mellorar o noso funcionamento.

Agora xa se pode consultar na nosa web en O NOSO CENTRO/ Marco legal xunto a outros documentos relativos ao funcionamento do centro, ou pinchando no enlace.

Roteiro transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal

O xefe do departamento de Filosofía do centro, Luis Dosal, organizou o pasado 14 de xuño un roteiro transfronteirizo polo Baixo Miño co seu alumnado de 1º Bacharelato. O grupo atravesou as vilas e fortalezas defensivas da fronteira máis antiga de Europa. Luis Dosal, Pedro Márquez e os seus estudantes cruzaron a liña divisoria entre Galicia e Portugal a través da ponte internacional que permite o acceso a Valença do Minho, a vila portuguesa, que xunto con Tui, conforma a “eurocidade”. O grupo visitou o seu casco antigo antes de atravesar de novo a fronteira que une e separa os dous países e chegar a A Garda, onde subiron ao castro de Santa Tegra, un dos asentamentos máis poboados da Idade de Ferro.

O alumnado de 1º Bacharelato, da man do seu profesor Luis Dosal, experimentou a sensación de alonxarse momentáneamente do seu lugar de orixe para incursionar noutros espazos e culturas, coñecendo de primeira man a súa idiosincrasia, gastronomía, lingua, costumes, historia, arte e filosofía, compartindo o seu tempo cos habitantes das localidades visitadas e intercambiando con eles obxectos típicos dun e doutro país.

Luis Dosal procurou con esta saída que o seu alumnado descubrise o misterio, a expectación e a zozobra dos instantes iniciais nos que as persoas desembarcan por primeira vez nun lugar descoñecido, preguntándose que haberá máis alá da liña visible do horizonte: silencio, emoción, turbación e incluso reflexión sobre a propia identidade e o lugar no mundo que todos posuímos pero que é tan variable e enriquecedor como a flexibilidade e capacidade de adaptación do ser humano.

Rubén no Campionato de España sub 14 de Futbol

O noso alumno Rubén Trillo Caamaño de 2º ESO ven de disputar en Pontevedra o Campionato de España sub 14 de Futbol coa selección galega onde chegaron ata as semifinais tras realizar un brillante papel.

PARABENS RUBÉN!!

Graduación no IES Agra de Raíces

 

O día 15 de xuño tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Cee o Acto de Graduación do curso 2021/2022 para o alumnado de 2º de Bacharelato e do Ciclo de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Despois dun curso longo e coas limitacións que impuxo a pandemia luciron as súas mellores galas e demostraron que con esforzo pódese facer un gran traballo con magníficos resultados.

Neste día foron acompañados polos seus profesores e familiares.

Graduación Bacharelato

Graduación TCAE

 

 

Saída á praia de 4º de ESO

 

O alumnado de 4º ESO fixo unha saída a praia para realizar multiples actividades como xogos de orientación, campionato de volei, recollida de lixo e, de caracter opcional unha clase de iniciación ao Surf.

Para esta última contaron coa empresa SURF NA COSTA DA MORTE que foi a encargada de levar a cabo a actividade.

 

 

Andaina polos Penedos de Pasarela e Traba

 

Última actividade do Club de Ciencia antes da fin do curso. Andaina polos Penedos de Pasarela e Traba , en unión do alumnado e profesorado do Club de Ciencia do IES Fernando Blanco.

O catedrático de Xeoloxía da UDC, J. R. Vidal Romaní acompañounos explicounos como se formaron estas rochas de formas caprichosas .

Ademais, pasámolo moi ben gozando da natureza da nosa contorna.

 

 

Proxecto eTwinning CLEANER AND GREENER

 

O noso centro está a participar neste curso nun proxecto internacional eTwinning chamado CLEANER AND GREENER co grupo 2º ESO A e dirixido pola profesora Ana Salanguera xunto cos centros:

  • IES Nosa Sra Ollos Grandes, Lugo, España
  • Agrupamento de Escolas General Serpa Pinto, Cinfães, Portugal
  • Gazi Ortaokulu, Bolvadin, Turquía
  • Nuray Tuncay Kara Bilim Sanat Merkezi, Şehitkamil, Turquía

O obxectivo é limpar e facer máis verde a área na que vivimos para o que cada centro deseñou varias actividades paralelas. No caso do noso grupo foron as seguintes:

  • Concurso de logos, onde fixeron cinco propostas.
  • Árbore con frases relacionadas coas árbores nas súas follas, que puxeron na parede da aula.
  • O 21 de marzo, día da árbore plantaron tres árbores no patio.
  • Reunión online cos participantes dos outros centros para presentarse e coñecerse, na que practicaron as presentacións en inglés.
  • Votación do logo que representou ao noso centro nunha competición cos demais participantes que finalmente gañou o equipo portugués.
  • Actividade CLEANER DAY na que baixaron á praia da Concha a recoller refugallos.
  • Só lles queda pendente realizar un vídeo presentan aos outros participantes.

PARABÉNS a todos e todas por un traballo ben feito.

Sachando no patio.

Limpando a praia

 

 

Recollida do Consello Orientador para o alumnado de 2º e 4º ESO

O alumnado que cursa actualmente 2º ou 4º ESO debe acudir ao centro o luns, 27 de xuño, en horario de 09.30h a 13:30h, para recoller o Consello Orientador, documento que incluirá un informe sobre o grao de logro dos obxectivos e da adquisición das competencias correspondentes, así como unha proposta ao alumno ou alumna do itinerario máis axeitado para o seu perfil académico.

Distribuir contido


by Dr. Radut