Skip to Content

Blogues

CONCURSO PILABOT

 

O noso centro participa no CONCURSO PILABOT entre o 24 de xaneiro e o 7 de marzo.

Trátase dun concurso de recollida de pilas e acumuladores en centros escolares co que se pretende protexer o medio ambiente minimizando a contaminación xerada polos residuos de pilas coa axuda das novas xeracións, os centros educativos que máis pilas recollan, terán premio.

O bidón de recollida atópase no vestíbulo do instituto.

O alumnado de 2º de ESO participou nun obradoiro de reciclaxe de pilas impartido por un técnico que nos visitou o xoves 27 de xaneiro.

 

Concurso de postais de Nadal no IES Agra de Raíces

As profesoras de Debuxo do IES Agra de Raíces, Nelly Alonso e Mercedes Seoane, organizaron un concurso de postais de Nadal co alumnado da súa materia. A excelente calidade dos traballos presentados ao certame multiplicou os galardóns inicialmente previstos. Así, os candidatos quedaron divididos en dous grupos (o alumnado de 1º a 3º ESO, por unha parte, e o de 4º ESO a 2º Bacharelato, pola outra), recibindo un primeiro premio e un accésit en cada categoría:

1° grupo de 1° a 3° ESO:

- 1° premio: Claudia Costa Casais (3° ESO A)

- Accésit: Andrea Iglesias García (3° ESO B)

 

• 2° grupo de 4° ESO a 2° BAC:

- 1° premio: Yamila Lago Lema (2° BAC B)

- Accésit: Claudia Rodeiro Lestón (1° BAC C)

O IES Agra de Raíces desexa felicitar o Nadal á súa comunidade educativa con esta espléndida mostra da creatividade do noso alumnado.

 

Parabéns ás gañadoras!

Peche do centro por vacacións de Nadal

O IES Agra de Raíces permanecerá pechado desde o 22 de decembro ata o 9 de xaneiro, ambos incluídos, debido ás vacacións de Nadal. O segundo trimestre do curso dará comezo o vindeiro 10 de xaneiro, retomando a dinámica das clases de forma presencial.

Durante o período vacacional, atenderanse unicamente urxencias a través do correo electónico do centro: ies.agra.raíces@edu.xunta.gal

Aproveitamos a ocasión para desexar un Feliz Nadal a toda a comunidade educativa do IES Agra de Raíces.

 

 

Exposicións temáticas no IES Agra de Raíces

O alumnado do IES Agra de Raíces preparou ao longo do trimestre unha serie de materiais creativos que formaron parte de diversas exposicións de carácter temático para festexar algúns dos momentos máis representativos do presente período lectivo: o 25 de novembro (Día Contra a Violencia de Xénero), o 10 de decembro (Día Internacional dos Dereitos Humanos) e o Nadal.

Neste sentido, o Equipo da Biblioteca do centro, integrado polos profesores Miguel Blanco e Pablo Rodríguez, en colaboración cos departamentos de Música e Ciencias Sociais e coa materia de Coeducación para o século XXI, coordinaron varios traballos compilatorios arredor de figuras femininas relevantes (e, nalgúns casos, esquecidas) no ámbito cultural, social e histórico.

Ademais, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dirixido pola profesora Teresa Llamas, organizou unha orixinal exposición que recolle graficamente os artigos que integran a Declaración dos Dereitos Humanos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Así mesmo, o departamento de Ciencias Sociais inaugurou no centro o seu recuncho prehistórico, para presentar unha escolma dos traballos elaborados polo alumnado de 1º e 2º ESO sobre esta etapa da evolución do ser humano.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Finalmente, o departamento de Educación Plástica e Audiovisual convocou un concurso de postais de Nadal entre os estudantes da materia, cuxos magníficos produtos finais foron expostos tamén nos corredores do centro.

 

 

 

 

 

Parabéns a todos/as polo extraordinario labor realizado!

Documentación relativa ao noso centro que podedes consultar en O NOSO CENTRO/Marco legal.

Podedes consultar documentación  interna do noso centro en O NOSO CENTRO/Marco legal: Proxecto Educativo do Centro, Normas de Organización Funcionamento e Convivencia, Plan de Convivencia, Plan de Igualdade

Acto 25N CIM Cee coa inauguración dun mural contra a violencia de xénero

O día 25N fíxose unha concentración ás 11:00h na praza de José Manuel Otero Lastres , leuse a Declaración Institucional do Concello e unha explicación do MURAL que se está a pintar contra a violencia de xénero.

O noso centro participou coas alumnas e alumnos de 2º de ESO, algúns dos cales leron unhas frases contra a violencia machista.

ACTOS 25N NO IES AGRA DE RAÍCES

O noso centro celebrou o 25 de novembro, Día da eliminación da Violencia contra a Muller cuns actos que tiveron lugar antes dos recreos para repartir ao alumnado en dúas quendas para manter a distancia social.

Nicole e Claudia de 3º ESO leron un manifesto contra a violencia de xénero, un grupo de rapazas e rapaces de 1º de ESO fixeron unha Performance con pintura e unha pancarta cos nomes dalgunhas vítimas deste ano, Lucía e Oliva de 1º de Bacharelato fixeron a lectura duns poemas feministas e rematamos cun minuto de silencio.

Coa participación do alumnado e do profesorado do noso centro e co desexo de acabar con esta lacra da nosa sociedade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Proclamación de membros electos do Consello Escolar

De acordo co establecido nos artigos 31º e 51º do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG do 29 de abril), o 25 de novembro de 2021 quedaron proclamados como candidatos elixidos para constituír o Consello Escolar do Centro os seguintes representantes:

a) Profesorado:

1) Mar Capelo García.

2) Leticia Quintela Caamaño.

3) Mar Rozas Fernández.

4) Milagros Trillo Trillo.

5) Ana Salanguera Busto.

A elas, hai que engadir outras dúas docentes (Lara Trillo García e Marisa Coiradas Toba), que foron elixidas no proceso correspondente ao ano 2018.

b) Alumnado:

1) Mariam Rhanbouri Chekkouri.

2) María Maneiro Salanguera.

Ademais, conforman os representantes do alumnado os estudantes Gabriel Ézara Trillo e Noemí Romero Alvite, elixidos  na convocatoria pasada. 

c) Nais/pais do alumnado:

1) Sandra Andrade Lago. 

A ela, súmase Montserrat Canosa Vigo e César Fernando Pérez Martínez. 

d) Persoal non docente:

1) José Ángel López López.

Primeiro premio para Erika Pena no Certame de Microrrelatos da Asociación Buserana

A nosa alumna Erika Cives Pena resultou gañadora no I Certame de Microrrelatos, convocado pola asociación feminista Buserana, co texto “Ledicia dous ollos”, que podedes ler completo na seguinte ligazón, xunto coa noticia publicada por “La Voz de Galicia”.

A entrega de premios celebrarase mañá, 25 de novembro, ás 20.30h, durante a concentración en contra da violencia de xénero, que terá lugar en Cee. As librarías Mestura, Ler e Fersi proporcionarán os premios ás dúas autoras galardoadas.

Moitos parabéns, Erika!

Entrega da medalla de ouro en GaliciaSkills a Andrea Castreje, na categoría de Coidados Auxiliares de Enfermaría

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu o venres, 12 de novembro, o acto de entrega das medallas de ouro e prata das Galiciaskills 2021, as olimpíadas da FP, cuxos gañadores sinalou como expoñentes “da calidade e modernización da Formación Profesional galega”. Felicitou, asemade, a estes 50 estudantes pola súa excelencia, entre os que se atopa a nosa alumma Andrea Castreje, que obtivo o primeiro galardón na categoría de Coidados Auxiliares de Enfermaría e Atención Sociosanitaria.

Parabéns a Andrea a ás súas formadoras, Eva Trasmonte e Estela Gómez!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut