Skip to Content

Blogues

Mateo Pérez, medalla de ouro nas Olimpíadas Nacionais de Física

Di un coñecido aforismo do refraneiro popular que cando o esforzo se converte nun hábito, os éxitos transfórmanse nunha constante. Parece axeitado recordalo neste momento, no que o noso alumno Mateo Pérez se alza coa medalla de ouro na fase nacional das Olimpíadas de Física, celebradas o pasado 29 de abril, e compite hoxe polo mesmo galardón na modalidade de Química.

Aos seus compañeiros e a toda a comunidade educativa do IES Agra de Raíces esgótansenos por momentos as verbas para expresar a admiración e o orgullo que sentimos, non estritamente polos logros de Mateo, senón sobre todo pola perseveranza que se atopa detrás deles. Dicía Joseph Addison que, para acadar o éxito persoal no ámbito anhelado por cada un de nós, debiamos facer da perseveranza o noso amigo da alma, da experiencia o noso máis sabio conselleiro, da prudencia o noso irmán maior e da esperanza o noso xenio gardián. Todos eses atributos acompañaron a Mateo ao longo destes meses de traballo incansable, que están próximos a rematar cunha recompensa directamente proporcional ao seu esforzo, rozando case o que parecía imposible nun primeiro momento, como as cometas de John Neal que se elevan cada vez máis alto cando se desprazan contra e non a favor do vento. Parabéns, Mateo, por acadar ese soño que compartimos todos contigo.

Felicidades tamén a María José Pena por saber trasladar coñecementos, experiencia, método e rigor; pero tamén por converter a Mateo nun buscador que crece, aprende e descobre, no transurso do camiño, que el mesmo é o principal artífice e creador do que lle sucede; por animalo nos momentos de cansazo, por ensinarlle a ser feliz co que tiña mentres traballaba por lograr o que quería e por recordarlle, nos instantes de esgotamento, que nunca unha noite venceu a un amencer.

Listaxe definitiva de novo alumnado admitido para o curso 2022-2023

Unha vez finalizado o prazo de presentación das solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2022-2023, comunicamos que constitúen a listaxe definitiva de estudantes seleccionados para o vindeiro período lectivo todos aqueles que tramitaron en tempo e forma a súa incorporación ao centro e que xa figuraban na listaxe provisional.

Día do Libro

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Este sábado, día 23 de abril, celebrouse o día do libro e o club de lectura "Libros coma area" non podía deixar pasar esta data sen facer algo especial para conmemorala. Fai xa meses que comenzamos a preparar un vídeo para promover a lectura entre os máis pequenos e agora podedes ver o resultado.

Foi un traballo realizado con moita ilusión e agardamos que vos guste, tamén vos recomendamos ver o vídeo ata o final pois, como nunha película de superheroes, temos escena postcréditos.

 

Por último, queremos agradecer ao CEIP Eugenio López, ao CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría e ao CEIP do Pindo a súa colaboración na divulgación deste material.

 

Recollida de títulos de ESO e Bacharelato (LOE) e ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría (LOXSE) do ano 2020

O alumnado que rematou os seus estudos de ESO e Bacharelato no curso 2019-2020 e os estudantes que finalizaron o ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría nese mesmo ano poden pasar a recoller os títulos correspondentes na Administración do IES Agra de Raíces en horario de 09:00h a 13:00h., presentando o seu DNI. 

No caso de que o titular non puidese vir recoller a documentación, cabe a posibilidade de autorizar a outra persoa no seu lugar. Para iso, deberá traer cuberto e asinado o impreso que se xunta a este aviso.

Charla de Marián Prego e María del Carmen Vila do Consello Territorial da ONCE

 

Este martes dentro dos actos organizados co gallo da Semana Cultural do noso centro recibimos a visita de Marián Prego e María del Carmen Vila, ambas integrantes do Consello Territorial da ONCE de Galicia e encargadas de impartir talleres sobre a vida sas persoas invidentes. O seu labor céntrase en concienciar ás sociedade sobre como se desenvolven as persoas con discapacidade visual, así como para informar sobre cómo deben ser tratadas as persoas que non ven (algo que, como comprobaremos agora, non ten nada de especial). A terceira traballadora do grupo ten catro patas e chámase Sekia, unha cadeliña de raza labrador"

 

Calendario de exames finais e de recuperación para a convocatoria ordinaria de 2º Bacharelato

Achégase, como documento adxunto, o calendario de exames finais e de recuperación de 2º Bacharelato, correspondentes á convocatoria ordinaria.

A entrega de notas realizarase o mércores, 18 de maio, a partir das 18.30h, a través da aplicación Abalar Móbil. 

Master Class de Danza impartida por Carla Ferrío na Semana Cultural do IES Agra de Raíces

A nosa alumna Carla Ferrío (2º Bacharelato) participou este luns na xornada inaugural da Semana Cultural do IES Agra de Raíces ao impartir unha Master Class de Danza aos estudantes de 4º ESO e 1º Bacharelato. Carla conta cunha ampla experiencia e formación nesta disciplina artística ata o punto de que diversas empresas e eventos reclaman con asiduidade a súa presenza para a iniciación e perfeccionamento das persoas interesadas en distintas modalidades da danza. Ademais, a nosa alumna foi tamén convidada a participar en diversas ocasións en competicións que reúnen a profesionais de alto nivel e calidade interpretativa.

Na tarde de hoxe, Carla amosou a súa destreza, tanto na práctica desta disciplina, como na ensinanza da mesma, ante dous nutridos grupos de alumnos: 52 estudantes de 4º ESO e 76 de 1º Bacharelato. Pese ao elevado número de participantes na actividade, Carla foi quen de dirixir con grande habilidade a coreografía que preparou para os seus compañeiros, captando en todo momento o interese e a atención de ambos grupos.

O IES Agra de Raíces non quere deixar pasar a oportunidade de expresar o seu agradecemento a Carla Ferrío por compartir connosco o seu talento, ademais de desexarlle a mellor das sortes na súa andaina artística e profesional.

Grazas, Carla!

 

 

 

CHARLA E OBRADOIROS D3MOBILE: ESCANEADO 3D DE OBXECTOS REAIS CO MÓBIL/TÁBLET

 

Hoxe recibimos a visita de Juan Ortiz da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría no Campus de Lugo na Universidade de Santiago que é un dos organizadores do campionato científico escolar internacional WWW.D3MOBILE.ES, para darlle unha charla ao alumnado de 4º de ESO que despois participou nuns obradoiros.

Na charla falou sobre o escaneado 3D de obxectos reais, os modelos 3D escaneados son figuras virtuais tridimensionais, a escala, que representan fielmente a realidade e que se emprega en multitude de campos (medicina, veterinaria, urbanismo, arquitectura, moda, automoción, aeroespacial, motos, videoxogos, deportes, conservación do patrimonio, accesibilidade e moitos máis). Nos obradoiros, os alumnos participantes aprenderon a escanear en 3D un obxecto co seu propio móbil/tableta e unha aplicación gratuíta.

 

Celebración do Día da Visibilidade Trans.

Quen foi Marsha P. Johnson?

O xoves 31 de marzo, o alumnado do IES Agra de Raíces de 1º e 2º de Bacharelato homenaxeou a figura da activista trans, Marsha P. Johnson, con motivo da celebración do Día da Visibilidade Trans. 

A actividade consistiu en dar a coñecer e reivindicar a figura desta heroína mediante a elección dunhas camisas e máscaras que representan a diversidade das cores da bandeira LGTBIQ+.

Grazas, Marsha P. Johnson, por ser unha das moitas que prendeu o lume do Orgullo LGTBIQ+.

Aberto o prazo para a solicitude das bolsas para estudos postobrigatorios curso 2022-23

Vén de publicarse no BOE a convocatoria de bolsas de carácter xeral para o período lectivo 2022-23, para estudantes que vaian cursar estudos postobrigatorios (Bacharelato, FP, Universidade).

As solicitudes tramitaranse a través da páxina web do Ministerio de Educación desde o 30 de marzo ata o 12 de maio, ambos incluidos. Dita solicitude deberase cumplimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica: 

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1707

Distribuir contido


by Dr. Radut