Skip to Content

Blogues

Andaina polos Penedos de Pasarela e Traba

 

Última actividade do Club de Ciencia antes da fin do curso. Andaina polos Penedos de Pasarela e Traba , en unión do alumnado e profesorado do Club de Ciencia do IES Fernando Blanco.

O catedrático de Xeoloxía da UDC, J. R. Vidal Romaní acompañounos explicounos como se formaron estas rochas de formas caprichosas .

Ademais, pasámolo moi ben gozando da natureza da nosa contorna.

 

 

Proxecto eTwinning CLEANER AND GREENER

 

O noso centro está a participar neste curso nun proxecto internacional eTwinning chamado CLEANER AND GREENER co grupo 2º ESO A e dirixido pola profesora Ana Salanguera xunto cos centros:

  • IES Nosa Sra Ollos Grandes, Lugo, España
  • Agrupamento de Escolas General Serpa Pinto, Cinfães, Portugal
  • Gazi Ortaokulu, Bolvadin, Turquía
  • Nuray Tuncay Kara Bilim Sanat Merkezi, Şehitkamil, Turquía

O obxectivo é limpar e facer máis verde a área na que vivimos para o que cada centro deseñou varias actividades paralelas. No caso do noso grupo foron as seguintes:

  • Concurso de logos, onde fixeron cinco propostas.
  • Árbore con frases relacionadas coas árbores nas súas follas, que puxeron na parede da aula.
  • O 21 de marzo, día da árbore plantaron tres árbores no patio.
  • Reunión online cos participantes dos outros centros para presentarse e coñecerse, na que practicaron as presentacións en inglés.
  • Votación do logo que representou ao noso centro nunha competición cos demais participantes que finalmente gañou o equipo portugués.
  • Actividade CLEANER DAY na que baixaron á praia da Concha a recoller refugallos.
  • Só lles queda pendente realizar un vídeo presentan aos outros participantes.

PARABÉNS a todos e todas por un traballo ben feito.

Sachando no patio.

Limpando a praia

 

 

Recollida do Consello Orientador para o alumnado de 2º e 4º ESO

O alumnado que cursa actualmente 2º ou 4º ESO debe acudir ao centro o luns, 27 de xuño, en horario de 09.30h a 13:30h, para recoller o Consello Orientador, documento que incluirá un informe sobre o grao de logro dos obxectivos e da adquisición das competencias correspondentes, así como unha proposta ao alumno ou alumna do itinerario máis axeitado para o seu perfil académico.

Matrícula ESO e Bacharelato curso 2022-2023

O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2022-2023 comeza o día 27 de xuño e remata o 1 de xullo. Para evitar aglomeracións, pregamos que se respecte o seguinte calendario, en horario de 09:30 a 13:30 horas:

  • 27 de xuño: 2º BAC
  • 28 de xuño: 1º BAC
  • 29 de xuño: 3º e 4º ESO
  • 30 de xuño: 2º ESO
  • 1 de xullo: 1º ESO

O alumnado que pode matricularse é aquel que promociona ou titula, a pesar de ter materias suspensas na avaliación final. 

Asimesmo, haberá que entregar a seguinte documentación, xunto co formulario da matrícula, na Administración do centro:

  • CERTIFICACIÓN ACADÉMICA (ALUMNOS/AS DOUTROS CENTROS, AGÁS OS PROVENIENTES DO CEIP EUGENIO LÓPEZ).
  • FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A E DOS PAIS/NAIS.
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.
  • SEGURO ESCOLAR 1,20 € (ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO EXENTOS).
  • 4 FOTOS TAMAÑO CARNÉ.
  • Impreso de AUTORIZACIÓNS debidamente cuberto e asinado. 

Achéganse, como documentos adxuntos, os impresos de matrícula, que poderán ser descargados e cubertos. 

Calendario de exames de recuperación para a convocatoria extraordinaria de 1º Bacharelato

Achégase, como documento adxunto, o calendario de exames de recuperación de 1º Bacharelato, correspondentes á convocatoria extraordinaria.

A entrega de notas realizarase o xoves, 23 de xuño, a través da aplicación Abalar Móbil. 

 

"Todos somos distintos"

“Todos somos distintos”

O alumnado de 1º ESO B, guiado pola súa profesora María Chao, rematou recentemente o deseño e edición dun videoclip inspirado na canción infantil “Todos somos distintos”, de Juan Fernando Velasco.

Nel, Xoel Domínguez, Daniel Louro, Ainoa Liñeiro, Borja Castelo, Lucía Canosa, Nahomy Montoya, Marco Fernández, Xoel Durán, Ismael Darriba, Noemí Peña, Yeray Berbia, Arturo de la Rosa, Pablo Caamaño, Martín García, Nuria Riveiro, Miguel Estévez, Yzan Caamaño e Laura Fidalgo interpretan maxistralmente a letra da canción a través de diversos códigos de comunicación: a linguaxe de signos, o sistema Braille e os pictogramas. Pero, alén da efectividade ineludible destas canles de comunicación, a trascendencia do material radica na emotividade que transmiten os seus protagonistas a través da linguaxe corporal, das apertas, as miradas, as mans entrelazadas e a unión que se fraguou entre eles despois de horas de traballo conxunto.

A gravación do videoclip favoreceu o autocoñecemento e a aceptación propia e allea das virtudes, as habilidades e as debilidades de cada un. Supuxo a promoción da singularidade e da fortaleza colectiva. Revelou a manifestación digna das limitacións de cada ser humano e a evidencia de que no respecto das mesmas reside o futuro da educación.  

Grazas a María e aos seus estudantes por compartir connosco o resultado final dun proxecto que logra transmitir con fonda honestidade e sinxeleza a necesidade de reparar nas diferenzas, de promovelas, enorgullecerse delas e empregalas para o ben común, concienciando aos demais da importancia da heteroxeneidade, porque é o que realmente nos permite avanzar, mellorar o noso autoconcepto e descubrir o talento que nace de cada un para poder construír un “nós”.

"Por cuatro esquinitas de nada"

A profesora do IES Agra de Raíces, María Chao, especialista en Pedagoxía Terapéutica, desenvolveu ao longo do presente curso diversas actividades que fomentan o traballo a prol da igualdade no eido educativo e cultural, centrándose especialmente na importancia do emprego dunha linguaxe inclusiva.

Tal e como refire María nas súas clases, a diversidade persoal, social e académica é unha realidade tanxible nas nosas aulas. Polo tanto, os docentes debemos dar resposta a esta situación a través da multiplicidade dos sistemas de comunicación existentes, combinando a linguaxe verbal co poder evocador das imaxes. Neste sentido, a utilización de pictogramas constitúe unha ferramenta de grande utilidade á hora de transmitir información e transformar tanto as palabras como o noso imaxinario social en manifestacións nucleares, icónicas e reais.  

Por iso, María Chao e o seu alumnado de 1º ESO deseñaron dúas actividades de índole audiovisual que potencian a creatividade, a plasticidade, o poder suxestivo da música e a literatura coa comunicación emocional e multifuncional. A primeira delas é a recreación do relato infantil “Por cuatro esquinitas de nada”, no que acadan un papel protagonista os seus narradores principais (Xoel Domínguez e Daniel Louro, de 1º ESO B), apoiados polas voces corais dos seus compañeiros: Ainoa Liñeiro, Lucas Martínez, Lucía Canosa, Nahomy Montoya, Noemí Peña, Nuria Riveiro, Pablo Caamaño, Xoel Durán, Yeray Berbia e Yzan Caamaño (todos eles de 1º ESO B).

A peza, reelaborada con profunda tenrura, achega ao noso alumnado ás raíces da amizade, a aceptación, a superación, a autoestima, o respecto polas diferencias e atención á diversidade.

Parabéns a María e a todos os alumnos que colaboraron con ela por plasmar con extrema delicadeza e fonda sensibilidade a tristura inicial de Cuadradito, a empatía dos seus amigos, a frustración, o medo…; pero tamén o valor da integración e a inclusión. Grazas, ademais, por convidarnos a experimentar os sentimentos do seu protagonista e animarnos a preguntarnos se, ás veces, non esiximos transformacións e esforzos absurdos ou imposibles, no canto de adaptar a contorna ás súas necesidades.

Calendario de exames de recuperación para a convocatoria extraordinaria de 2º Bacharelato

Achégase, como documento adxunto, o calendario de exames de recuperación de 2º Bacharelato, correspondentes á convocatoria extraordinaria.

A entrega de notas realizarase o xoves, 23 de xuño, a través da aplicación Abalar Móbil. 

Criterios de avaliación, promoción e titulación. Curso 2021-22

Achéganse os criterios de avaliación, promoción e titulación para este curso 2021-22.

Carla no Campionato de España sub 16 de Futbol Sala

A nosa alumna Carla Martínez Castreje de 4º ESO ven de disputar o Campionato de España sub 16 de Futbol Sala coa selección galega onde chegaron ata as semifinais tras realizar un brillante papel.

PARABENS CARLA!!

Distribuir contido


by Dr. Radut