Proxecto eTwinning CLEANER AND GREENER
O noso centro está a participar neste curso nun proxecto internacional eTwinning chamado CLEANER AND GREENER co grupo 2º ESO A e dirixido pola profesora Ana Salanguera xunto cos centros:
- IES Nosa Sra Ollos Grandes, Lugo, España
- Agrupamento de Escolas General Serpa Pinto, Cinfães, Portugal
- Gazi Ortaokulu, Bolvadin, Turquía
- Nuray Tuncay Kara Bilim Sanat Merkezi, Şehitkamil, Turquía
O obxectivo é limpar e facer máis verde a área na que vivimos para o que cada centro deseñou varias actividades paralelas. No caso do noso grupo foron as seguintes:
- Concurso de logos, onde fixeron cinco propostas.
- Árbore con frases relacionadas coas árbores nas súas follas, que puxeron na parede da aula.
- O 21 de marzo, día da árbore plantaron tres árbores no patio.
- Reunión online cos participantes dos outros centros para presentarse e coñecerse, na que practicaron as presentacións en inglés.
- Votación do logo que representou ao noso centro nunha competición cos demais participantes que finalmente gañou o equipo portugués.
- Actividade CLEANER DAY na que baixaron á praia da Concha a recoller refugallos.
- Só lles queda pendente realizar un vídeo presentan aos outros participantes.
PARABÉNS a todos e todas por un traballo ben feito.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Sachando no patio.jpeg | 5.09 MB |
Limpandopraia.jpeg | 3.45 MB |