blog da biblioteca

Día da saúde - 7 de abril

7 de abril - Día da saúde

O próximo 7 de abril celébrase o día mundial da saúde. O tema deste ano é "A miña saúde o meu direito". Dende o cole propómosvos celebralo facendo unha receita moi saudable e fácil. 

 

 

SEMANA DA PRENSA - ACTIVIDADE XUNTO CO IES PEDRAS RUBIAS

NA SEMANA DA PRENSA (ENTRE O 4 E O 8 DE MARZO) REALIZAMOS UNHA ACTIVIDADE EN CONXUNTO CO IES PEDRAS RUBIAS. A ACTIVIDADE CONSISTÍA NUN INTERCAMBIO DE POSTAIS ELABORADAS CON ELEMENTOS DE XORNAL (PALABRAS, DEBUXOS, COLLAGE...). ESTE FOI O RESULTADO.

 

POSTAIS FEITAS POLO ALUMNADO DO CRA RAÍÑA ARAGONTA

 

POSTAIS FEITAS POLO IES PEDRAS RUBIAS

 

RESUMO ACTIVIDADE

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

O 2 de abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo desta conmemoración é espertar o interese e o amor polos libros entre os máis novos e promover o bo libro infantil.

 

Desde a biblioteca do centro seleccionamos algúns dos escritores e ilustradores máis representativos da literatura infantil. E o alumnado da aula de 5 ANOS A, tamén nos deixan unhas recomendacións lectoras para que poidamos celebrar este día tan especial cunha boa lectura.

 

Esperamos que vos gusten!!

 

EN MARCHA: CREACIÓN ESCENARIOS E PERSONAXES

NESTE SEGUNDO TRIMESTRE, TÓDALAS AULAS DO CRA RAÍÑA ARAGONTA TRABALLARON UN MONTÓN NA CREACIÓN DE ESCENARIOS E PERSONAXES. POSTERIORMENTE, REALIZAREMOS A NOSA PROPIA CURTAMETRAXE DA HISTORIA DE ARA (NOVA PROTAGONISTA DA BIBLIOTECA NESTE CURSO 2023/2024).

GRAZAS A TODO O ALUMNADO E MESTRAS/ES DO COLE!

AQUÍ ESTÁN OS RESULTADOS:

MÁIS NOVIDADES DESTE CURSO 2023/2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

O día 8 de marzo conmemórase a loita das mulleres pola igualdade de xénero. Dende a escola temos que dar exemplo para educar en igualdade e promover os dereitos das nenas e das mulleres.

Dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta presentamos unha selección de libros que nos axudarán a educar en igualdade.

 

NOVOS FONDOS: BANDA DESEÑADA

 

"UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS"

BAIXO ESTE LEMA, DENDE O CRA RAÍÑA ARAGONTA, SE MERCARON ALGÚNS

LIBROS DE BANDA DESEÑADA

 

11 DE XANEIRO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O vindeiro 11 de febreiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, un día moi importante que nos recorda a relevancia do cumprimento da axenda 2030 e dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible. Para visibilizalo, dende a biblioteca do cole Ara proponnos o seguinte reto. Esperemos que vos guste e o desfrutedes, vémonos no laboratorio. 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA SAN VALENTÍN

Achégase unha data moi importante para falar do AMOR e non só do amor en parella, senón do amor cara aos amigos, irmáns, avós...

Os contos son unha excelente ferramenta para reflexionar sobre o amor, por iso dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta deixámosvos unhas recomendacións lectoras cheas de tenrura para ler este San Valentín.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Distribuir contido