QUE TAL FOI O PRIMEIRO BIBLIO RETO????? CONSEGUÍSTEDES MOITOS FINAIS DIFERENTES PARA O VOSO CONTO???? POIS ATENTAS E ATENTOS QUE AGORA VAI O SEGUNDO BIBLIO RETO!!!!!!!!!!!
HOW WAS THE FIRST LIBRARY CHALLENGE????????? DID YOU GET MANY DIFFERENT ENDINGS FOR YOUR TALE??? IF SO, PAY ATTENTION-- HERE COMES THE SECOND LIBRARY CHALLENGE!!!!!!!!!
TODOS OS DÍAS SON O DÍA DO LIBRO NO CRA RAÍÑA ARAGONTA
O día 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil, data de nacemento de Hans Christian Andersen. Trátase, neste día, de fomentar a lectura e pormocionar os bos libros infantís e xuvenís entre os mais cativos. Para o Cra Raíña Aragonta todos os días son o día do libro posto que forman parte esencial da nosa vida e da comunidade educativa. Os libros infantís axúdannos a viaxar, a aprender, a rir, a chorar, a comprender.... Cada vez, imos ampliando os nosos fondos coas propostas que nos achega a comunidade escolar, síntoma de saúde lectora.
Este ano difúndese a mensaxe de Margarita Engle: A música das palabras
Para celebrar o día do libro os nosos amigos e amigas do CEP Altamira agasalláronnos con este audioconto de Barxilón e un xogo de preguntas. Desexamos que vos guste e dámoslle as grazas ao alumando e profesorado do CEP Altamira por este superconto!!!!!
O teatro infantil, ademais de ser un medio de entretemento e diversión para os nenos, tamén serve como ferramenta educativa para transmitirlles unha serie de beneficios que os axudarán a formarse como persoas e a desenvolver moitas das súas capacidades.
Por todo isto, neste mes de marzo, na nosa sección de “Venres de Alucine” ímosllo dedicar ao teatro infantil. Para acceder as obras teatrais só tedes que premer na imaxe.
A CASELÍN ENCÁNTALLE A POESÍA!!!! ESTÁ ENCANTADO COS VOSOS POEMAS! PARA VER AS NOSAS FAMILIAS POETAS PINCHADE NA IMAXE OU ENTRADE NA SECCIÓN DE FAMILIAS LECTORAS!
Co gaio do Día Internacional da Muller preparamos para vós unhas actividades moi moi chulas cun recurso aínda máis chulo baseado na historia "ARTURO Y CLEMENTINA".