Despois dalgún que outro pequeno atranco e demora, poñemos en marcha este proxecto dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, para o cal precisamos a colaboración de membros da comunidade educativa así coma doutros achegados do alumnado (familiares, veciños, amigos, ...).
A finalidade principal deste proxecto é poñer en valor os enredos tradicionais, empregando para elo as potencialidades educativas que este tipo de xoguetes presenta, así como contribuir á súa recuperación e loitar contra o seu esquecemento.
Para elo, temos creado unha páxina web específica (algúns apartados aínda están en construción) na que iremos engadindo as diferentes actividades realizadas, e á que podedes acceder facendo clic na seguinte imaxe:
E como participar no proxecto? Se de pequeno/a construías enredos, ou sabes dalguén que o fixera, e queredes compartir con nós ese coñecemento acudindo a unha ou varias aulas para facelos co alumnado, non tedes máis que contactar con Iván, o mestre de Educación Física de Educación Infantil e Primaria.
Se así o facedes, tedes garantido o noso agradecemento e o do alumnado!