Skip to Content

SAÍMOS OUTRA VEZ NA PRENSA

Como sigamos así ímonos acostumar a isto de saír na prensa. Polo menos é por razóns positivas. Desta volta é o proxecto LOVA que están levando a cabo os rapaces de 5º PRIMARIA e de 4ºESO. Nel trátase de utilizar a ópera como vehículo de aprendizaxe e abofé que o están a facer. Estes días temos as representacións diante da comunidade educativa. Ánimo e felicidades a todos, sobre todo aos profesores responsables do proxecto por este ano de dedicación e esforzo, e por crer nun camiño distinto, pero igualmente válido, para educar.

Aquí tedes o enlace ao País Dixital:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/26/galicia/1401124797_643852.html



page | by Dr. Radut