O noso centro, facéndose eco da iniciativa de Ponte ... nas Ondas!sumarase á iniciativa dirixida a conmemorar o Día Mundial da Radio.
O tema escollido polo noso centro é o Xogo Tradicional. O alumnado participante (en Primaria, 3º, 4º e 6º e en Secundaria 1º da ESO) realizarán entrevistas e tratarán diversos temas.
As entrevistas serán as seguintes:
- Manolo Varela. Concelleiro en San Sadurniño, impulsor dunha Campa de Xogos Tradicionais que en breve comezará a funcionar.
- David Guiñazu: monitor da actividade extraescolar "Xogos Tradicionais" que este curso é ofertada polo Concello de San Sadurniño.
- Antón Cortizas: escritor en activo e mestre xubilado, autor de dúas das mellores obras galegas sobre o xogo tradicional.
- Xose Manuel Barreiro. Presidente de Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional.
- Almudena Vega. Presidenta da AVV O Castelo de Narahío, falará sobre a presenza do xogo tradicional no Festival do Río Castro.
- Xaime Iglesias. Membro da Asociación Amigos da Chave de Ferrolterra.
Por outra banda, os temas a tratar serán os seguintes:
- Actividades que facemos no noso centro relacionadas co xogo tradicional.
- Xogo tradicional e música.
- Entroido e xogos tradicionais.
Agardamos que nos queden uns programas ben feitiños!
Non emitiremos en directo, senón que os programas serán gravados e posteriormente publicados na internet en forma de "programa radiofónico dispoñible para descarga" (máis coñecidos como "podcast").