Saltar navegación.
Inicio

Historia

Fin de curso 2010

Claustro 2010

29/06/2010

Trala última reunión do Claustro do curso 2009/10, fixemos esta foto coas tres persoas que se retiraban da docencia en primeira fila: Carmen Feal, Alfonso Lamas e Loli Abelleira. Neste tipo de fotos é inevitable que haxa ausencias, ollos pechados... pero parécenos un bonito recordo.

Hai que destacar tamén que o 30 de xuño cesa o actual equipo directivo. Tanto a directora Mª Dolores Vizoso coma as xefas de estudos Eva Mª Bouza e Conchi López cambian de centro, mentres que a secretaria Maite Núñez aínda tardará en incorporarse debido á sua recente maternidade. No novo equipo directivo, o director será Pedro Abeal e a xefa de estudos de Secundaria Alba Alonso, estando pendentes de confirmación os outros dous cargos.

Moitas grazas a toda a xente que deixa de traballar no Feal e esperamos que sigades en contacto con nós!

Seguimos con despedidas

Loli, Eva, Carmen e Alfonso

Loli Abelleira, Eva Mª Bouza,
Carmen Feal e Alfonso Lamas

21/04/2010

Hoxe chegounos a confirmación de que Eva Mª Bouza, que leva tres anos de xefa de estudos de Primaria, tamén se traslada (ao CEIP Os Casais de Fene). Eva tamén tivo moito que loitar polo Feal e merece un bo descanso.

Ao mesmo tempo, hai que lembrar que este curso despediranse outras tres persoas que levan gran parte da súa vida na Educación Primaria do Feal por xubilación anticipada: Loli Abelleira, Carmen Feal e Alfonso Lamas.

E teremos que despedirnos de moita máis boa xente: profesorado provisional, alumnado de 4º de ESO...

Grazas a tod@s e sorte nos novos camiños!!

Fin de curso 2008

Claustro 2008

26/06/2008

Trala última reunión do Claustro do curso 2007/08, José fixo esta foto coas dúas persoas que se retiraban da docencia en primeira fila: os nosos queridos Jaime López e Tere Rubio. Ademais deles, hai unha longa lista de persoas que deixarán de traballar no Feal por cambio de destino; moita sorte para tod@s!. Neste tipo de fotos é inevitable que haxa ausencias, ollos pechados... pero parécenos un bonito recordo.

Os comezos

O "Colexio Nacional Mixto Comarcal do Feal" (hoxe CPI do Feal) comeza a súa andaina o 6 de marzo de 1972, formándose polo agrupamento das Escolas Unitarias e Mixtas que había no Concello de Narón.

Claustro 1972

Na fotografía (ampliable premendo nela), aparece o primeiro Claustro do centro. A identificación e procedencia do profesorado pódese consultar no arquivo pdf adxunto.

A transición da lei educativa de 1970 (LXE) á de 1990 (LOXSE)

  • 1996/97: Último curso coa denominación "Colexio Público de Educación Xeral Básica", aínda que xa entra en funcionamento 1º de ESO.
  • 1997/98: O único curso no que tivemos a denominación "CEIP - IES" (Centro de Educación Infantil e Primaria - Instituto de Ensino Secundario).
  • 1998/99: Primeiro curso coa denominación "CPI" (Centro Público Integrado), coincidindo coa chegada de 3º de ESO.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido