Orientación
O novo blog do departamento de Orientación
11/10/2017
O alumnado da ESO ten esta nova ferramenta do Departamento de Orientación para pensar no seu futuro:
Visita de 4º de ESO ao CIFP Ferrolterra
22/02/2024
Esta mañá, o noso alumnado de 4º de ESO visitou o CIFP Ferrolterra, onde se imparten numerosos ciclos industriais de diversas ramas (Electricidade, Electrónica, Robótica, Mecánica, Carpintaría...). O obxectivo era que o noso alumnado coñecese alternativas ao bacharelato que poden ser moi atractivas e ademais con moi boa saída laboral. Moitas grazas ao persoal do CIFP Ferrolterra, que nos describiu con gran amabilidade as súas instalacións.
Charlas sobre FP Básica
18/06/2023
Durante esta semana, tivemos charlas sobre a Formación Profesional Básica, coa presenza de profesorado do IES Trasancos e alumnado do mesmo centro que antes pasara polo Feal. Estes ex-alumnos contaron a súa experiencia ao noso alumnado actual de 2º e 3º de ESO.
Visita de 4º de ESO ao IES Terra de Trasancos
Preme para ampliar a foto de 4º de ESO A
08/02/2022
O noso alumnado de 4º de ESO continúa a súa trepidante aventura polos institutos da zona. Onte tocoulle a quenda ao IES Terra de Trasancos.
O equipo directivo presentoulles un vídeo sobre as actividades máis interesantes que organiza cada Departamento e tamén ofreceron información sobre os itinerarios de BAC e a modalidade de Ciclos que oferta o centro.
Nunha rápida visita puideron ver as instalacións... pero non houbo chuches e iso pesará bastante na decisión dos nosos estudiantes.
Boa sorte na escolla que fagades para continuar a vosa formación académica.
Visita de 4º de ESO ao IES As Telleiras
25/01/2022
O alumnado de 4º ESO visitou esta tarde o IES Telleiras para coñecer as instalacións do centro e a súa oferta educativa. O 7 de febreiro o destino será o IES Terra de Trasancos.
Estas saídas están organizadas polo Departamento de Orientación do CPI do Feal, en coordinación cos Equipos de Orientación dos institutos da zona, coa intención de que os alumnos teñan información suficiente para decidir que estudar o vindeiro curso.
Formación no uso axeitado das novas tecnoloxías na idade escolar
08/04/2021
Dende o Departamento de Orientación, detectouse un uso inadecuado de medios dixitais (teléfonos, ordenadores, consolas etc). Outros centros educativos, en concreto os nosos adscritos (CRA de Narón, CEIP Ponte Xuvia e CEIP de Piñeiros), detectaron igualmente estes problemas.
Do problema detectado, xurde unha inciativa conxunta dos catro centros educativos, dirixida a familias e alumnado: a organización dunha formación online conxunta.
A formación irá dirixida ao alumnado dende 3º de E. Primaria ata 4º da ESO, e as súas familias.
O alumnado recibirá a formación en horario lectivo, mentres que as familias estades invitadas a unha formación específica, que terá lugar o luns 12 de abril ás 16:30 horas.
Dende o centro, se enviará por AbalarMóbil o enlace á formación online. O único que teredes que facer para establecer conexión, será copiar o enlace que recibiredes, e pegalo no navegador do dispositivo que empreguedes.
Guías orientativas sobre FP Básica e FP de Grao Medio
20/01/2021
Achegamos as seguintes guías en pdf sobre a Formación Profesional:
Charla para o alumnado de 4º de ESO sobre opcións do CIFP Ferrolterra e o IES Terra de Trasancos
14/01/2021
Esta mañá, recibimos a visita de Enrique Pazo (director do CIFP Ferrolterra) e Jéssica Fernández (orientadora do IES Terra de Trasancos). Ambos estiveron informando ao noso alumnado de 4º de ESO sobre diversas opcións dos seus centros.
Charla das FAS
16/10/2019
Esta mañá visitaron o noso centro dous suboficiais da Infantería de Mariña, para dar unha charla ao alumnado de 4º ESO sobre a importancia das Forzas Armadas na defensa do país.
Explicaron aspectos relacionados coa organización e tarefas de cada un dos sectores que abrangue este corpo e orientaron aos rapaces sobre as diferentes opcións de estudio que poden cursar se nun futuro queren entrar no mundo militar.
Fóra de xogo
27/03/2019
Non falamos de fútbol. Referímonos a unhas charlas organizadas polo Concello de Narón para a prevención da ludopatía en menores. Tiveron lugar onte e hoxe cos nosos grupos de 3º e 4º de ESO.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com