Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria
Día das Bibliotecas Escolares 2024
Preme para ver a presentación das actividades no centro
29/10/2024
O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. En Infantil e Primaria, organizamos unha xincana por todo o cole con diferentes probas (jenga, tangram, distinguir olores, facer parellas...). Como agasallo por superar todas as probas, entregamos a nova mochila viaxeira.
Ademais, a biblio organizou unha tarde de portas abertas para as familias, que estiveron xogando e lendo cos seus fillos/as.
Achegamos enlaces a dúas presentacións: unha coas actividades no centro e outra cos nenos e nenas lendo en casa (grazas ás familias!).
Grazas aos axudantes 2023-2024
25/06/2024
A Biblioteca de Infantil e Primaria quere agradecer o gran traballo dos axudantes do alumnado durante o curso 2023-2024.
Apradiñamentos lectores
04/06/2024
Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2024, organizamos unha actividade de animación á lectura na que o noso alumnado de Primaria contaba contos aos máis peques.
Melloras tecnolóxicas na Biblioteca de Infantil e Primaria
30/05/2024
Hoxe é un día histórico no Feal para os que levabamos case cinco anos loitando por conectar a Internet a Biblioteca de Infantil e Primaria. Os cables están alí desde a construción da biblioteca no verán de 2019, pero debido a unha incomprensible falta de colaboración entre organismos públicos, non foi posible a activación das súas doce tomas (e outras dúas do despacho de Audición e Linguaxe) ata este 30 de maio de 2024. Aínda queda pendente corrixir un detalle para aumentar a velocidade de transmisión, pero xa están operativas todas as tomas. A historia destes 14 cables daría para escribir unha boa novela (traxicómica), pero imos deixalo neste artigo.
Na imaxe, podedes visualizar esta conexión a Internet a través do panel dixital interactivo (sen proxector) instalado recentemente no mesmo espazo. Agora xa podemos falar dunha biblioteca completa a nivel tecnolóxico, aínda que sempre se poderá mellorar.
Actividades para o Día das Letras Galegas
Preme para entrar nas actividades
14/05/2024
A Biblioteca de Infantil e Primaria recompilou varias actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, que en 2024 está dedicado a Luisa Villalta. Ademais, invitou ao alumnado de 2º de ESO para que recitase os seus poemas presentados en Intercentros 2024 ante @s seus compañeir@s de 4º e 6º de Primaria.
Feira do Libro 2024
30/04/2024
Achegamos un vídeo sobre a tarde de portas abertas da Feira do Libro do Feal 2024, e tamén imaxes da mañá no correspondente álbum da nosa Galería. Como sempre, os postos estaban cheos de boas ideas e foi todo un éxito entre o alumnado e as familias.
O Feal nas II Xornadas PROA+ celebradas en As Palmas de Gran Canaria
16/04/2024
O CPI do Feal foi un dos dous centros de Galicia seleccionados para participar nas II Xornadas PROA+ en As Palmas de Gran Canaria. A nosa coordinadora da Biblioteca de Infantil e Primaria, Mari Carmen Balado, presentou o noso centro como exemplo de boas prácticas.
Durante as Xornadas, presentáronse proxectos de investigación académica con relatores internacionais acordes cos obxectivos de PROA+, que nós enfocamos cara a un uso didáctico e pedagóxico da biblioteca escolar.
Suxestións de lectura de Nadal para Infantil e Primaria
19/12/2023
Achegamos unha presentación con suxestións de lectura para este Nadal, feita polo equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria.
Día da discapacidade 2023
30/11/2023
Achegamos unha presentación feita na Biblioteca de Infantil e Primaria, con propostas de actividades para o Día Internacional da discapacidade (3 de decembro).
Samaín 2023 na Biblioteca de Infantil e Primaria
10/11/2023
Achegamos unha presentación coas actividades de Samaín na Biblioteca de Infantil e Primaria: concurso de relatos, contos do gran chef Luigi e a nena da curva para os máis peques, xincana de contos de medo con gafas 3D para os maiores...
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com