5º de Primaria
Un elfo como tú
22/12/2022
Keko, o noso profe de Música de Primaria, envíanos este vilancico elaborado e interpretado polo alumnado de 5º (coa axuda do seu profesorado), baseándose no Canon de Pachelbel. Parabéns polo resultado!
Nós tamén limpamos o noso
13/05/2022
O alumnado de 5º B de Primaria quixo sumarse e contribuir, dende a área de Valores Sociais e Cívicos, a manter o patio libre de lixo.
Velaquí o resultado dunha hora de traballo! Dende aquí, queremos invitarvos a mantelo limpo; é polo ben de todos e todas!
Charla sobre a violencia de xénero en 5º de Primaria
20/11/2019
O pasado martes 19 de novembro, os nenos/as de 5º de Primaria tivemos unha charla que nos servirá de formación para a celebración do Día Internacional contra a Violencia de xénero. Traballáronse cuestións como a orixe ou o significado do 25N e a loita a prol do feminismo, así como a importancia do respecto e a igualdade nas relacións sociais.
Easter Cards from Finland
04/04/2019
O alumnado de 5° B recibiu esta semana unha fantástica sorpresa: Easter Cards dende Finlandia!!
Este segundo trimestre comenzaron a traballar con alumnado dese e doutros dous países europeos a través de plataforma Etwinning, e esta é unha das recompensas que ten o facerse "internacional".
Moitas felicidades ao noso alumnado polo traballo, e thank you so much and Happy Easter to all our new Finnish friends.
Día Internacional de Concienciación do Autismo
17/04/2018
O pasado venres 6 de abril, celebrouse o Día Internacional de Concienciación do Autismo. Para conmemoralo, a asociación ASPANAES organizou unha andaina co obxectivo de facer visible e axudar a comprender ás persoas co trastorno do espectro autista.
O acto celebrouse o pasado 13 de abril, e por mor da chuvia trasladouse ao pavillón da Malata, onde nenos e nenas de moitas escolas da zona gozaron dunha mañá dedicada a romper barreiras, xa que este era o lema da celebración. A este acto, que contou tamén coa presencia de membros do concello de Ferrol, acudiron os nenos e nenas de 5º de Primaria.
Excursión á Coruña de 5º de Primaria
15/04/2016
O pasado martes 12 de abril, @s alumn@s de 5º de Primaria visitaron a cidade da Coruña acompañados dos seus titores (Jéssica, Roberto e Isabel).
Comezaron visitando as instalacións de La Voz de Galicia en Arteixo, así como o seu Museo. A continuación, achegáronse á Illa de Santa Cruz (Oleiros), onde observaron a natureza e a fermosa vista da Coruña, e ademais, coñeceron a historia do castelo grazas a monitores do CEIDA. Para rematar, visitaron a Torre de Hércules e subiron ao faro máis antigo que aínda está en funcionamento.
Un premiado do Feal no concurso de debuxo "Os nosos portos"
07/01/2016
O pasado mes de decembro, o noso alumno Alejandro Álvarez Permuy (5º A) conseguiu o terceiro premio no concurso de debuxo "Os nosos portos". Este concurso estaba convocado polo Porto de Ferrol para alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria, e foron presentados máis de 2.000 debuxos procedentes de colexios de Ferrolterra, Eume, Ortegal e A Mariña. Na foto, podedes ver a Alejandro, a súa titora Isabel Derungs, e as outras dúas premiadas. Parabéns, Alejandro!
Nova charla do noso zoólogo de Primaria
05/05/2015
Despois de que o gran afeccionado á zooloxía que temos en 5º A de Primaria fixese unha interesante charla sobre a cetrería para os seus compañeiros, tiña pendente outra sobre os animais dos bosques galegos.
Na foto podedes ver a Felipe Hermida Ameneiros con varias pezas de animais que trouxo hoxe para ilustrar a nova charla, entre elas unha pel curtida por el mesmo.
Moitas grazas, Felipe!
O noso experto en cetrería
05/03/2015
O alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu hoxe unha charla moi especial por dúas razóns: a primeira que o relator era un dos seus compañeiros (Felipe Hermida Ameneiros de 5º A), e a segunda que o tema non é nada habitual nas nosas aulas (a cetrería). Felipe ten previsto facer novas charlas a próxima semana, dedicadas esta vez aos animais dos bosques galegos. O noso agradecemento a este gran afeccionado á zooloxía pola interesante iniciativa.
Visita ao Museo da Natureza e Aquaciencia
01/05/2013
O pasado 25 de abril, o alumnado de 5º de Primaria achegouse a Ferrol con Ana Belén Martínez e José Manuel Timiraos para visitar o Museo da Natureza e Aquaciencia. Deixamos algunhas imaxes da saída na nosa Galería.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com