Infantil, 3 anos, 4 anos, 5 anos
O noso novo camiño sensorial
20/05/2020
Paula Neira e Montse Fernández amosan aos peques o camiño sensorial que instalou o Equipo de Educación Vial de Narón durante o confinamento (no corredor de Infantil).
A Casa da Mosca Chosca
07/05/2020
As mestras de Infantil cóntanvos desde casa un conto popular ruso: A Casa da Mosca Chosca. O conto está adaptado ao galego por Eva Mejuto e ilustrado por Sergio Mora.
Infantil queda na casa
16/04/2020
Os peques de Infantil seguen traballando moito nas súas casas. Están aprendendo a cociñar, xogan a pita cega, bailan en inglés, fan botes da calma, colares de pasta, celebran cumples, plantan árbores... Non paran! Ademais, o vídeo inclúe un titorial de Brais de como facer un barquiño, moi ben explicado!
Mensaxes para Infantil
30/03/2020
O alumnado de Educación Infantil fai na casa algunhas das activiades propostas estes días; como plastilina caseira, plantar lentellas, ioga, ou xogar ás agachadas pisando só as baldosas de papel. Ademais, no vídeo as mestras de infantil mandan mensaxes de ánimo aos máis peques do centro.
Iker Conchado contando un conto en Infantil
11/10/2019
O noso alumno Iker Conchado (1º de ESO) pasou esta mañá pola aula de Infantil de 4 anos para contar o conto "Un elefante se balanceaba en una tela de araña". Como podedes ver no vídeo, os pequenos e pequenas estaban antentísim@s. Grazas Iker!
Contacontos da ESO en Infantil
22/03/2019
Tiñamos pendente deixar por aquí testemuña dunha especial visita á aula de Infantil de 3 anos, que tivera lugar xa hai unhas semanas. Dous coñecidos alumnos da ESO foron alí a relaxarse, contando contos aos máis pequenos do Feal (o que está lendo na foto ten un irmán nesta aula). Talvez deberiamos impulsar máis este tipo de actividades.
Mates robotizadas
24/11/2017
O noso alumnado de 3 anos estivo esta semana participando nunha actividade que combina as matemáticas e a robótica (dun xeito moi sinxelo, claro). Tedes máis información e un pequeno vídeo no blog de Paula Neira.
Os máis novos do Feal
08/10/2017
A nosa compañeira Paula Neira está documentando no seu blog a aterraxe no Feal do noso alumnado máis pequerrecho. Destacamos aquí o vídeo que fixo sobre a primeira semana entre nós desta xeración. Nel seguro que atopades algunha outra xente coñecida...
Debuxando o noso mundo
23/02/2017
Un ano máis, dentro do proxecto "Debuxando o noso mundo", o alumnado de Infantil creou carautas de distintos pintores. Os pícaros de 3 anos e Freixeiro inspiráronse nos soños de Joan Miró, as nenas e nenos de 4 anos viaxaron ao pasado de Felipe IV disfrazados das Meninas de Velázquez, e os rapaces e raparigas de 5 anos navegaron entre cunchas polo maxín de Maruja Mallo.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com