Orientación
4º de ESO no Campus de Ferrol
18/03/2019
Continúa a xira de inverno de 4º de ESO polos centros educativos de Ferrolterra. Neste caso, deixamos un recordo da súa parada na área universitaria, o pasado 15 de marzo.
Visita de 4º de ESO ao IES Leixa e o CIFP Ferrolterra
28/02/2019
No álbum de 2019 que ten o Departamento de Orientación na nosa Galería, deixamos imaxes da visita que o alumnado de 4º de ESO fixo esta mañá ao IES Leixa e o CIFP Ferrolterra.
Visita de 4º de ESO ao IES de Trasancos
28/01/2019
O pasado 24 de xaneiro, o noso alumnado de 4° de ESO visitou o IES de Trasancos, para consideralo na continuación dos seus estudos. Deixamos aquí algunhas imaxes fixas e en vídeo enviadas por Nieves Cortizas. No vídeo, podedes ver unha actividade conxunta do alumnado de ambos centros na aula de Música, e na foto que enlaza á Galería... o ben que trataron á nosa xente
Charla sobre os perigos das novas tecnoloxías para 5º e 6º de Primaria
02/11/2018
O pasado 19 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha charla sobre as novas tecnoloxías (dentro do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade), impartida por un membro da Polícia Nacional e organizada polo departamento de Orientación.
Visita de 4º de ESO aos campus de Esteiro e Serantes
28/05/2018
Continúa a xira triunfal de 4º de ESO polos centros educativos da bisbarra (neste caso universitarios).
Visita ao IES de Leixa do alumnado de 4º de ESO
16/04/2018
O noso alumnado de 4º de ESO segue de xira polos centros educativos da comarca grazas á súa astuta manager Clara Goás, e como vedes, ás veces atopan fans que gozan facéndose un selfie con eles.
Visita de 4º de ESO ao IES Terra de Trasancos
05/02/2018
Pilar Sánchez envíanos imaxes da visita de 4º de ESO ao IES Terra de Trasancos o pasado 1 de febreiro. Alí, o noso alumnado puido coñecer a oferta educativa dos nosos veciños.
Charla sobre a seguridade en Internet
05/04/2017
O pasado xoves 30 de marzo, o noso alumnado de 6º de Primaria e 1º de ESO asistiu a unha charla sobre os perigos de Internet (organizada polo Departamento de Orientación, e enmarcada no Plan Director de Seguridade). Un representante da Policía Nacional explicou diversos conceptos informáticos (IP, troiano, virus, memoria caché, cookies...) e os perigos de certas aplicacións ou redes sociais, como por exemplo Instagram.
Visita de 4º de ESO ao Campus de Ferrol
04/03/2016
Deixamos aquí unha foto de boa parte da fantástica Promoción 2016 do Feal, durante a súa recente visita ao Campus de Ferrol.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com