Saltar navegación.
Inicio

Historia

Fotos do noso alumnado que remata etapa

4º de ESO A 2021

10/06/2021

Desde hai xa varias semanas, está resultando unha misión imposible conseguir facer as fotos dos grupos completos que rematan algunha etapa educativa no Feal (ESO, Primaria ou Infantil). Imos deixando o que conseguimos no álbum "Grupos 2021" da nosa Galería de Imaxes, onde é posible descargar as fotos orixinais, despois de pasar por dúas miniaturas previas. Cada grupo ten unha versión desenmascarada e outra enmascarada, para que quede testemuño gráfico destes tempos pandémicos.

4º de ESO B 2021

Despedida virtual da nosa Promoción 2020

02/12/2020

Rematamos o curso pasado sen poder dar unha aperta de despedida á nosa Promoción 2020. Deixamos aquí este pequeno detalle para compensar un pouco aquel fin de curso tan estraño. Sorte no voso camiño!

O curso enmascarado do Feal

01/12/2020

Ademais desta pequena testemuña en forma de vídeo do que estamos vivindo, as fotos independentes quedan dispoñibles nun álbum da nosa Galería.

Claustro 2019

Claustro 2019

01/07/2019

Aquí aparece todo o profesorado e persoal non docente que conseguimos reunir o pasado 28 de xuño. Como sempre moita sorte a todo o profesorado que deixa o noso centro, e en especial ao que agora se xubila: Pedro Abeal Sousa, Pilar Ledo Silva, e José Manuel Timiraos Fernández.

Pedro Abeal Sousa, Pilar Ledo Silva, e José Manuel Timiraos Fernández.

Despedida da Promoción 2019

27/06/2019

Este ano, foi o propio alumnado de 4º de ESO o que dirixiu e ideou o seu vídeo de despedida (como sucedera en 2017). Por suposto, isto é o ideal, pero fai que sexa máis complicado facer propostas, chegar a acordos, tomar decisións... claro que todo isto é fundamental no proceso de aprendizaxe escolar.

Como apunte técnico, boa parte das imaxes foron gravadas por eles cun móbil (da xa ex-alumna Alba Otero), e sorprende a calidade que xa acadan este tipo de dispositivos.

Moita sorte para a nosa Promoción 2019!!

Homenaxe a Merchi e Toñi

Toñi e Merchi

Toñi e Merchi

23/12/2018

O pasado venres 21, xuntámonos para despedirnos (laboralmente) de Mercedes Taibo Rey e Toñi Bellas Piñón.

Xa faláramos da nosa administrativa Mercedes o seu último día de traballo no Feal (o 5 de outubro), e pouco despois da nosa profesora de Infantil Rosa Souto (que preferiu non facer celebración).

No caso de Toñi, levaba máis de vinte anos sendo a profesora de Música de Infantil e Primaria no Feal, e moita xente quedarase coa súa imaxe dirixindo a nutridos grupos de flautistas nos festivais escolares.

Sorte para todas na vosa nova etapa!

 

Xubílase Rosa Souto

Rosa Souto

10/10/2018

Hoxe retirouse a profe de Infantil Rosa Souto. Levaba no Feal aínda máis anos que Mercedes: desde 1985! (moitos deles foron na nosa Escola de Freixeiro).

Rosa pretendía pasar desapercibida durante a súa derradeira xornada laboral no noso centro, pero a última hora da mañá non puido evitar recibir agasallos e aplausos dos seus compañeir@s.

Unha aperta, Rosa!

Xubílase Mercedes

Xubilación de Mercedes

05/10/2018

Mercedes, Merchi, Merce... xubilouse hoxe. Levaba no noso centro desde novembro de 1990. Tendo en conta todo ese tempo, e o feito de traballar nas oficinas (sempre sen máis persoal administrativo), seguramente coñece mellor que ninguén as interioridades do CPI do Feal.

Deixamos aquí algunha imaxe das diversas despedidas desta xornada, e enviámoslle unha forte aperta en nome de toda a nosa comunidade educativa.

Grazas, Merchi!

O selo de Mercedes

Claustro 2018

Claustro 2018

01/07/2018

Aquí aparece todo o profesorado e persoal non docente que conseguimos reunir o pasado 29 de xuño. Aproveitamos para informar dos cambios no equipo directivo: Juan Carlos Bedia releva a Víctor Novo na Dirección, Paula Neira a Juan Carlos Bedia na xefatura de estudos de Infantil e Primaria, e Nieves Cortizas a Montse Lorenzo na xefatura de estudos de Secundaria. Moitas grazas tanto ao equipo saínte como ao entrante, e como sempre moita sorte a todo o profesorado que deixa o noso centro.

Despedida da Promoción 2018

18/06/2018

O vídeo de despedida da nosa promoción 2018 destaca por ter o récord de bicos e bailes nesta serie que comezou en 2013 (con algunha interrupción). Como case sempre, custou poñelo a andar, pero finalmente temos que agradecer o gran entusiasmo amosado por este grupo que agora deixa o Feal. Moita sorte!!

Como pequeno xogo, podedes buscar ao único/a profe que aparece (involuntariamente) nesta montaxe.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido