blogue dedgayoso

Merendas saudables

Bos días:

O centro escolar constitúe o lugar para a difusión dos bos costumes e da mellora da saúde. O equipo do patio escolar colocou carteis polos diferentes espazos do centro para concenciar a toda a comunidade educativa sobre uns hábitos dietéticos saudables.

CHARLA COGAMI

Bos días:

Hoxe recibimos a visita no noso centro da asociación COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade).

Faláronnos das peculiaridades das lesións medulares (problemas intestinais, sexuais, osteoporose, dores...).

Contáronnos como sufriron o accidente que levounos a quedar en cadeira de rodas; do seu día a día; das actividades de poden facer; e como algún fai máis deporte agora que antes do accidente.

Explicaron ao alumnado cales son as precaucións que temos que tomar para evitar os accidentes: a progresión na aprendizaxe, o uso de material axeitado (casco integral), a valoración do risco...

Deixaronnos impactados coa súa vontade, a capacidade de resilencia e as ganas de seguir vivindo e disfrutando de experiencias.

Nova publicada no Faro de Vigo

Iniciación ao baloncesto

Bos días:

Hoxe o Club Baloncesto Baiona ofreceunos unha sesión de iniciación ao baloncesto onde participou o alumnado de 1º, 2º e 3 da ESO.

Ademais da dar a coñecer este deporte o club ofrécese polas tardes a quen queira participar nos adestramentos e mellorar as súas habilidades.

Proxecto terra: o patio escolar. FOTOS

 

 

Visita a Outeiro dos Lameiros

Bos días:

O alumnado de 1º da ESO puido visitar unha das xoias da nosa comarca: os petróglifos de Outeiro dos Lameiros. Este conxunto de arte lítico atópase na serra da Groba. Constitúe unha das pegadas dos asentamentos humanos que habitaban nestes paraxes fai miles de anos.

A actividade forma parte do programa de promoción da actividade física no horario lectivo. Ademais de facer exercicio, realizando un percorrido a pé duns 10 quilómetros, tamén aproveitaron para:

  • Recoñecer a fauna e a flora do lugar
  • Dominar o vocabulario en lingua galega dos diferentes organismos
  • Coñecer a nosa contorna e poñela en valor
  • Mellorar a capacidade de orientación co uso do mapa e o compás
  • Planificar os materias que temos que levar nunha saída (auga, comida, roupa, calzado, crema solar...)
  • Coñecer a toponimia do lugar
  • Coñecer o noso patrimonio arqueolóxico

No desenvolvemento desta iniciativa traballaron conxuntamente os departamentos de Lingua Galega, Bioloxía e Xeoloxía, Promoción de Estilos de vida saudables, Xeografía e Historia e Educación Física.

Agradecemos a dedicación do IEM (Instituto de estudos miñoráns) pola charla oferecida e ao  profesorado acompañante: Rocío, Iria, Antonio, Luisa e Óscar.

ORIENTACIÓN DEPORTIVA

Bos días:

Hoxe o alumnado de 3º da ESO disputou unha carreira de orientación nos arredores do curro da Valga (Loureza, Oia). Neste evento por parellas, os participantes tiñan que buscar no terreo as balizas (como as que nos mostran Pedro e Xoel) coa axuda dun mapa e un compás.

O profesorado non se quedou atrás e quedaron no segundo posto da clasificiaón xeral.

Agradecemos a colaboración da comunidade de montes de Loureza, que cedeunos o espazo.

No camiño de volta detivémonos no alto da Groba a contemplar as vistas da comarca.

 

Ruta de sendeirismo entre o Monte Aloia e o Monte Galiñeiro

Bos días:

O alumnado de 4º da ESO disfrutou no día de hoxe dunha ruta de sendeirismo desde o Monte Aloia ata o monte Galiñeiro.

A ruta fíxose por un percorrido sinalado. Ao final agardábanos Xilberte Manso vicedirector do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns). Explicounos as características da zona: o tipo de rocha, as terras raras que abundan no Galiñeiro, os vestixios de asentamentos humanos (mamoas, petróglifos...)

Durante toda a actividade contemplamos a comarca do Val Miñor. Xilberte falounos da importancia dos topónimos, da fauna e a flora, os usos e propiedade do monte e alertounos sobre as consecuencias da instalación dos parques eólicos ou a minería e a súa repercusión na paisaxe e na economía da zona.

 

Primeiros Auxilios

Bos días:

Hoxe para conmemorar o Día Mundial da Saúde realizamos no centro unhas xornadas de primeiros auxilios. Visitounos o persoal de Protección Civil do Val Miñor que colaboran desinteresadamente co centro.

Ensináronnos como teríamos que actuar no caso dun atragantamento ou unha parada cardíaca.

Mostráronnos técnicas de actuación como:

  • o PAS (protexer, avisar 112, socorrer)
  • o RCP(reanimación cardiopulmonar)
  • a PLS (posición lateral de seguridade)
  • a manobra de Heimlich...

Asistiron ás xornadas o alumnado de 4º da ESO e de 3º, 4º, 5º e 6º Ed.Primaria.

 

CURTAS SOBRE A INCLUSIÓN E COLOQUIO

Bos días:

Hoxe o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO asistiu á proxección dunhas curtas sobre inclusión. A actividade enmárcase dentro do contrato programa Inclúe-T, destinado a concienciar sobre a riqueza da diversidade e o respecto a todos os seres humanos, así como desenvolver dinámicas de actuación cooperativas.

Despois da proxección realizouse un coloquio. Traballouse a partir dun guión elaborado polo profesorado integrante neste programa: María José Torres, María Pérez e David Gayoso. 

O alumnado puido reflexionar a través de diferentes preguntas sobre: a mensaxe, os símbolos, a súa conexión coa realidade, a diversidade, a empatía...

Proxección da película "Intocable"

Bos días:

Hoxe o alumnado de 4º da ESO asistiu á proxección da película "Intocable" de O. Nakache, 2011. A actividade enmárcase dentro do contrato programa Inclúe-T, destinado a concienciar sobre a riqueza da diversidade e o respecto a todos os seres humanos, así como desenvolver dinámicas de actuación cooperativas.

Despois da película realizouse un coloquio. Traballouse a partir dun guión elaborado polo profesorado integrante neste programa.  Neste o alumnado puido reflexionar sobre os temas que abordaba a trama (as personaxes, a súa condición, os seus anhelos, as súas desigualdades, os diferentes puntos de vista respecto oas problemas...)

COLOCACIÓN DOS CARTEIS DOS ANIMAIS

Bos días:

Onte levamos a cabo a colocación no valado do patio sur das fichas dos animais da granxa que limita co colexio e doutras especies da zona.

Encargouse da tarefa o alumnado de 4ºA Primaria baixo a supervisión de membros do proxecto terra: Pilar De La Prieta, titora do grupo; Isabel Martínez, Patricia Cabadas e Víctor Moreira o noso insustituible conserxe.

As fichas conteñen información dos animais: as súas costumes, representación gráfica, taxonomía, peculiaridades...

Nesta tarefa colaborou o departamento de Bioloxía a través de Iria Chapela.

Proxección da película "Intocable"

Bos días:

Hoxe o alumnado de 3º da ESO asistiu á proxección da película "Intocable" de O. Nakache, 2011. A actividade enmárcase dentro do contrato programa Inclúe-T, destinado a concienciar sobre a riqueza da diversidade e o respeto a todos os seres humanos, así como desenvolver dinámicas de actuación cooperativas.

Despois da película realizouse un coloquio. Traballouse a partir dun guión elaborado polo profesorado integrante neste programa.  Neste o alumnado puido reflexionar sobre os temas que abordaba a trama (as personaxes, a súa condición, os seus anhelos, as súas desigualdades, os diferentes puntos de vista respecto oas problemas...)

 

Subida ao Alto da Groba

Bos días:

O alumnado de 4º da ESO disfrutou no día de hoxe da ascensión ao Alto da Groba.

Pasamos toda a mañá percorrendo os carreiros que nos levan ao alto da Groba, pasamos por Chan da Lagoa e O Cortelliño e no cumio agardábanos Xilberte Manso vicedirector do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns).

Desde a cima contemplamos a vista de paxaro toda a comarca do Val Miñor. Xilberte explicounos a importancia dos topónimos, da fauna e a flora, os usos e propiedade do monte e alertounos sobre as consecuencias da instalación dos parques eólicos e a súa repercusión na paisaxe e na economía da zona.

Alto da Groba. Ao fondo podemos ver as Illas Cíes, Ons, Rías de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía.

Xornadas de bádminton

Bos días:

O 17 de Marzo recibimos ao Club Escola Rosalía nas instalaciones do centro. O alumnado de terceiro e cuarto de primaria recibiu unha sesión de inciciación ao bádminton dentro da campaña Badminton+

https://badmintonclubescolarosalia.es/BadmintonRosalia/ceip-cova-terrena/

CHARLA CLASES SEN FUME

Bos días:

Hoxe visitáronnos Victoria e Lola. Elas son o personal sanitario encargado das charlas que se imparten en 1º da ESO dentro do contrato-programa clases sen fume. O obxectivo da charla é concienciar ao alumnado dos danos que provoca o tabaco; explicarlles as estratexias da industria tabaquera para captalos como clientes e darlles as ferramentas necesarias para que eviten caer nesa adicción.

Merendas saudables

Bos días:

O centro educativo é o lugar para sentar as bases dunha vida saudable.

O grupo de traballo do patio escolar deseñou unhas recomendacións nutricionais para todo o alumnado do centro: o semáforo de merendas saudables.

A decisión de elaborar estes consellos xorde polo análise das costumes alimentarias que ten o alumnado durante a hora do recreo, onde proliferan produtos ultraprocesados (bebidas azucradas, zumes, chocolates, galletas, fariñas refinadas...)

O semáforo recolle tres niveis para comprobar a calidade da nosa alimentación.

 

 

A actividade física diaria mellora o rendemento académico

A actividade física diaria mellora o rendemento académico, ademáis de protexer a saúde dos escolares, segundo pon de manifesto un estudo feito en Europa pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

https://www.redaccionmedica.com/ultimas-noticias-sanidad/un-estudio-de-la-oms-evidencia-que-la-actividad-fisica-diaria-mejora-el-rendimiento-academico

CHARLA-ENTREVISTA CON MARTÍN DE LA PUENTE

Bos días:

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º da ESO puido desfrutar dunha charla-entrevista co tenista Martín de la Puente.

O seu palmarés está cheo de éxitos: 3 veces campión do Mundo junior, 4 veces Campión de España e Olímpico en Río 2016.

Martín adestra no Centro de Alto Rendemento de San Cugat del Vallés, en Barcelona. Alí é donde se prepara para afrontar as Olimpiadas de Tokio deste ano.

Compartiu con nós cousas moi interesantes sobre a modalidade de tenis-cadeira.

Explicounos o regulamento e as súas diferencias co tenis de pé. Sabiades que a pelota pode botar dúas veces?

Alentounos a practicar deporte e transmitiunos unha pasión inquebrantable por unha modalidade do tenis descoñecida para moita xente.

Relatounos como foi a súa loita contra unha enfermidade rara, o síndrome de Proteus, que provoca o crecemento anormal dos ósos. E como a través do esforzo, o apoio da familia e a motivación un pode lograr o que se propoña.

Ánimo Martín, este verán esperamos verte en Tokio representando a España.

Podedes seguir a Martín en Instagram: https://www.instagram.com/martindelapuente/ estará encantado de responder ás vosas preguntas.

 

 

 

 

CLASES SEN FUME

Ola a todos:

Xa temos seleccionados os debuxos que nos van a representar no concurso clases sen fume.

Escollimos un debuxo por cada clase (1ºA, 1ºB, 1ºC).

Houbo propostas realmente creativas. Desexamos que o xurado do concurso pense o mesmo.

Estes son os premios aos que optamos:

1º premio do eslogan: Estadías nun albergue con programa multi-aventura

2º premio da ACTIVIDADE CREATIVA, regalo dixital de audio, para cada un dos integrantes da clase gañadora.

3º premio da ACTIVIDADE CREATIVA, entradas para o parque acuático “Aquapark” para os alumnos das clases gañadoras.

 

Promoción de actividade física en horario lectivo

Benvidos a todos:

Comezamos o segundo trimestre.

Tras a experiencia da actividade física realizada durante os cambios de clase, continuaremos coa mesma dinámica nesta segunda avaliación.

Lembrade a importancia de facer exercicio todos os días. Non só é bo para a saúde senón que ten repercusións na aprendizaxe ao estimular ao cerebro.

O alumnado pode manifestar as súas preferencias sobre o exercicio na aula.

Temos a grupos que bailan cos vídeos do Just Dance; outros que fan exercicios de mobilidade; ou outros que están a compoñer unha coreografía.

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031